Wikimedia Meta-Wiki
Logotipo do Wikimedia Meta.
O Wikimedia Meta-Wiki (normalmente abreviado por Meta-Wiki ou Meta), corresponde ao sitio web wiki da Fundación Wikimedia que se destina á coordinación dos varios proxectos da fundación. Foi creado en novembro de 2001 coa intención de ser unha Meta-Wikipédia, en que serían alojadas as páxinas que non fosen do contido enciclopédico da Wikipédia (páxinas de usuarios, documentación, etc.) Debido a ese factor, era chamada inicialmente Meta-Wikipédia ou Metapédia. Non obstante, o proxecto expandiu-se e o número de linguas creceu, levando á alteración dos obxectivos inciais. Aínda restan algunhas páxinas no Meta que se refiren só á Wikipédia, mais a maioría aplícase a todos os proxectos. A pesar do nome ser bastante similar ao MediaWiki, son ambos bastante distintos.
Propósitos actuais
- Discusión sobre os proxectos Wikimedia.
- Discusión sobre algunhas políticas (sexan ou non comúns a varias linguas ou proxectos).
- Lanzamento de propostas e discusión de novos proxectos.
- Coordinación de traducións entre varias linguas sobre contido non enciclopédico (informes da Fundación Wikimedia, asuntos relativos a doazóns, organización de eventos, etc.)
O que o Meta non é
- Non é un local onde se pode colocar contido que non poida ser colocado noutros proxectos (a non ser que se enmarque nos propósitos actuais)
- Non é un servizo de aloxamento para ensaios persoais sobre calquera asunto (a non ser os referentes a proxectos Wikimedia).
- Non é un local destinado a páxinas de axuda ou información sobre o software MediaWiki. Para iso existe o sitio web http://www.mediawiki.org (no entanto aínda existen páxinas dese tipo no Meta-Wiki que están a ser trasladadas gradualmente para o MediaWiki)
Ver tamén
Conexións externas