O Ultimato británico de 1890 foi un ultimato do goberno británico - chefiado polo primeiro ministro Lord Salisbury - entregado a 11 de xaneiro de 1890 na forma dun "Memorando" que esixía a Portugal a retirada das forzas militares chefiadas polo major Serpa Pito do territorio comprendido entre as colonias de Mozambique e Angola (nos actuais Zimbabwe e Zambia), a pretexto dun incidente entre portugueses e Macololos. A zona era reclamada por Portugal, que a incluíra no famoso Mapa cor-de-rosa, reclamando a partir da Conferencia de Berlín unha faixa de territorio que ía de Angola á contra-costa, ou sexa, a Mozambique. A concesión de Portugal ás esixencias británicas foi vista como unha humilhação nacional polos republicanos portugueses, que acusaron o goberno e o rei D.Carlos I de seren os seus responsábeis. O goberno caeu, e António de Serpa Pimentel foi nomeado primeiro ministro. O Ultimato británico inspirou a letra do himno nacional portugués, "A Portuguesa". Foi considerado polos historiadores Portugueses e políticos da época a acción máis escandalosa e infame da Gran Bretaña contra o seu antigo aliado.[1]
As pretensións portuguesas expresadas no mapa cor-de-rosa entraban en conflito co mega proxecto inglés de crear unha ferrovia que atravesaría o todo o continente africano de norte a sur, ligando o Cairo á Cidade do Cabo. Este acabaría por nunca se realizar, polas enormes dificultades dun proxecto desta dimensión, dos obstáculos postos polo clima e xeografía, da oposición portuguesa co mapa cor-de-rosa seguíndose o Incidente de Fachoda entre 1898 e 1899, que colocou a Francia e Inglaterra á beira dunha guerra.
A impossibilidade de resistencia levou á inmediata caída do goberno portugués, sendo nomeado a 14 de xaneiro un novo ministerio presidido por António de Serpa Pimentel.
Iníciase un profundo movemento de descontento social, implicando directamente a familia reinante, vista como demasiado próxima dos intereses británicos, na decadencia nacional patente no ultimato. Os republicanos capitalizam este descontento, iniciando un crecemento e alargamento da súa base social de apoio que levará á implantación da república en 5 de outubro de 1910.
Alimentando ese ambiente de case insurreição, a 23 de marzo, António José de Almeida, estudante universitario en Coímbra e futuro presidente da república, publica un artigo co título Bragança, o último, que será considerado calunioso para o rei e o levará á prisión, e a 11 de abril é posto á venda o Finis Patriae de Guerra Junqueiro ridicularizando a figura do rei. Formalizando a cedência portuguesa, a 20 de agosto é asinado o Tratado de Londres entre Portugal e a Gran Bretaña, definindo os límites territoriais de Angola e Mozambique. O tratado foi publicado no Diario do Goberno de 30 de agosto e presentado ao parlamento na sesión de 30 de agosto, o que desencadea novas protestas e nova caída do goberno.
A consecuencia da cedência aos intereses británicos, aparece en Lisboa a Liga Liberal, movemento de protesta presidida por Augusto Fuschini coa participación de João Crisóstomo contra o Tratado de Londres. A Liga promoveu unha reunión, no Teatro de San Luís, en que participaron cerca de 400 oficiais fardados.
Tras 28 días de crise política é nomeado a 14 de outubro un goberno extra-partidario, presidido por João Crisóstomo. O goberno é apoiado pola Liga Liberal, retomándose progresivamente a calma.
Estes acontecementos desencadeados polo ultimato británico de 11 de xaneiro de 1890 marcaron de forma indelével a evolución política portuguesa, desencadeando unha cadea de acontecementos que desemboca no fin da monarquía constitucional e no reforzo na consciencia colectiva portuguesa do apego ao imperio colonial, que despois tivo pesadas consecuencias ao longo do século XX.