Requiário I (? - 456), fillo de Réquila e neto de Hermerico , foi rei dos suevos na Galécia. Subiu ao trono o ano de 448 aproximadamente, sucedendo a seu pai. Como professava o catolicismo, impuxo esa relixión ao seu pobo, que xa se tiña en gran parte convertido, principalmente nas zonas urbanas.
Para fortalecer súa posición, fixo alianza inicial cos visigodos, o que abriu as portas de seu reino á influencia visigótica, aumentada cando Requiário se casou coa filla do rei visigodo Teodoredo, en 449 . Foi o primeiro rei europeo cristián a cunhar moeda en seu propio nome.
Devastou a Vascónia, pasando despois a lanzar incursións esporádicas contra os romanos. Requiário chegou a controlar a rexión do vale do Ebro e, brevemente (449-452), partes da Tarraconense. As hostilidades entre suevos e romanos chegaron ao fin co tratado entre Requiário e os condes Fortunato e Manrico, polo cal os suevos se retirarían da Tarraconense. En 456 Requiário quebrou o tratado indo en auxilio dos vascões, tornando a entrar nesa provincia. Os visigodos, porén, a pesar de seren seus aliados, non vían con bos ollos o fortalecimento do reino suevo e, so o comando de Teodorico I, derrotaron os suevos nas marxes do río Órbigo, tendo Requiário sido capturado e posteriormente executado.
Os visigodos invadiron axiña o reino suevo, cometendo tales atrocidades que tanto a poboación hispano-romana canto a poboación xermánica se revoltaram, dando inicio a unha cruenta guerra civil entre dous partidos representativos das dúas principais tribos suevas da rexión: os quados e marcomanos, cada cal apoiando un pretendente ao trono suevo.
| Precedido por Réquila I |
Rei dos Suevos 448 — 456 |
Sucedido por Aguiulfo e Frantano |