O Reino é a categoría superior da clasificación científica dos organismos introducida por Linnaeus o século XVIII. Orixinalmente, Lineu considerou as cousas naturais no mundo divididas en tres reinos:
Os reinos son subdivididos en filos (para o reino animal) ou divisións (para as plantas).
Cando se descubriron os organismos unicelulares, estes foron divididos entre os dous reinos de organismos vivos. As formas con movemento foron colocadas no filo Protozoa e as formas con pigmentos fotossintéticos na división Algae. As bacterias foron clasificadas en varias divisións das plantas.
Coa falta de comunicación existente naquel tempo, certas especies - por exemplo, a Euglena, que é verde e móbil - foron clasificadas unhas veces como plantas, outras veces como animais. Entón, por suxestión de Ernst Haeckel, foi creado un terceiro reino de organismos vivos, o reino Protista para acomodar estas formas.
Herbert Copeland introduciu un cuarto reino para as bacterias, que teñen unha organización celular procariótica, mentres que os organismos dos restantes tres reinos son formados por organismos eucarióticos. El chamou a este reino Mychota, nome que foi máis tarde substituído por Monera (que significa formas primitivas).
Robert Whittaker incluíu os fungos no reino Fungi, ficando a haber tres reinos para organismos multicelulares:
e dous reinos máis para os organismos unicelulares ou coloniais:
OBS.: O Reino Fungi actualmente comprende seres tanto multicelulares canto unicelulares.
Este sistema dos cinco reinos aínda é bastante usado na literatura científica.
Un outro sistema foi proposto para incluír os virus, con seis reinos, divididos por tres súper-reinos e o grupo supremo, o Súper-dominio Biota:
Recentemente, no entanto, novas investigacións sobre a filogenia dos organismos levaron a un novo sistema de clasificación, a cladística. De máis importante foi o descubrimento de Carl Woese, en 1977, de que os procariotas comprendían dous grupos distinguidos, a que el chamou Eubacteria e Archaebacteria que foron denominadas máis tarde, por el, como Bacteria e Archaea.
Este descubrimento levou ao sistema de clasificación cladístico dos organismos en tres Dominios, que se pretendía que fosen un substituto dos Reinos, mais que acabou por ser usado como un "súper-reino" (ben que aínda poida ser utilizada a proposta dos súper-reinos, pois no reino Monera os dominios Bacteria e Archae son sub-reinos).
O cadro abaixo mostra as relacións entre estes sistemas de clasificación.
| Linnaeus (1753) Dous reinos |
Haeckel (1894) Tres reinos |
Chatton (1937) Dous imperios |
Copeland (1956) Catro reinos |
Whittaker (1959) Cinco reinos |
Woese (1977) Seis reinos |
Woese (1990) Tres dominios |
Cavalier-Smith (1998) Dous imperios e seis reinos |
|
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Non tratados |
Protista | Prokaryota | Monera | Monera | Eubactéria | Bacteria | Prokaryota | Bacteria |
| Archaebacteria | Archaea | |||||||
| Eukaryota | Protoctista | Protista | Protista | Eukaryota | Eukaryota | Protozoa | ||
| Vegetabilia | Plantae | Fungi | Fungi | Fungi | ||||
| Plantae | Plantae | Plantae | Plantae | |||||
| Chromista | ||||||||
| Animalia | Animalia | Animalia | Animalia | Animalia | Animalia |
|
|||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Dominio ou | Super-reino | Superordem | Superfamília | Superespécie | |||||||
| Reino | Filo/División | Clase | Orde | Familia | Tribo | Xénero | Especie | ||||
| Subreino | Subfilo | Subclasse | Coorte | Subordem | Subfamília | Subtribo | Subgênero | Subespécie | |||
| Infra-reino | Infrafilo | Infraclasse | Legião | Infraordem | Infraespécie | ||||||
| Microfilo | Parviclasse | Parvordem | |||||||||
mhr:Кугыжаныш (биологий)