A Radio Renascença é unha cadea de radio portuguesa de inspiración católica e pertencente á Igrexa Católica.
A Radio Renascença é unha estación de radio nacional dirixida a un público adulto que se interesa por música e información. Alén dunha cobertura nacional en FM, a Renascença transmite igualmente a través da internet, sendo unha das estacións de radio máis coñecidas en Portugal. Das grandes emisoras portuguesas nacidas na década de 1930, é a única que mantem inalterado o seu nome de baptismo.
Fundada por Monseñor Lopes da Cruz, as emisións experimentais tiveron inicio en xuño de 1936 cun emisor instalado en Lisboa . A 1 de xaneiro do ano seguinte iniciáronse as emisións regulares.[1] Un mes despois do inicio das emisións diarias, os estudos da Rúa Capelo ficaron prontos e a Radio Renascença instalouse nese local onde aínda hoxe permanece.
En 1975 foi ocupada polos traballadores, mais en decembro dese ano foi devolta á Igrexa Católica e, ao contrario da case totalidade das emisoras existentes, nunca chegou a ser nacionalizada.
En 1986 a Renascença pasa a emitir dúas programacións distinguidas, 24 horas por día, a través da Radio Renascença (OM e FM nacionais) e da RFM (FM nacional). Máis recentemente, en 1998 crea a Mega FM, para o público máis mozo.
Alén destas canles a RR emitía programación de ámbito rexional en OM e FM a partir de estudos propios instalados sucesivamente en diversas cidades, como Braga, Chaves, Elvas, Évora, Leiría, Lisboa, Porto, e Viseu, até ao día 4 de agosto de 2008, día en que as emisoras rexionais se converteron en emisores rexionais Stéreo da nova Radio Si, con programación pensada principalmente para a "Idade de Ouro"/"3ª Idade".
Algúns dos programas máis marcantes da historia da estación son o famoso "Despertar", de António Sala e Olga Cardoso (nacido ao final dos anos 70) e "Bóla Branca". Este último mantem-se actualmente no ar sendo un espazo de programación dedicado ao deporte, creado por Ribeiro Cristóvão con ênfase sobre todo no fútbol.
Nelson Ribeiro (2002). A Radio Renascença e o 25 de abril, Lisboa: Universidade Católica Editora.