Provincia ultramarina é unha división administrativa creada polo Estado Novo Portugués e atribuído por este ás colonias portuguesas, nomeadamente Angola, Guinea, Mozambique, San Tomé e Príncipe, Cabo Verde, Macau, Estado Portugués da India e Timor.
A primeira colonia a ser atribuída esta designación foi o Estado Portugués da India, en 1946 , como forma política de evitar que Portugal nos fóruns internacionais fose considerado unha potencia colonial. As outras colonias portuguesas pasaron a ter esta designación o ano de 1951 , abolindo así o concepto de "Imperio Colonial Portugués". Esta designación apareceu debido á renovación do Concepto Ultramarino Portugués e á consecuente aparición dunha nova Política Ultramarina Portuguesa e dunha Solución Portuguesa.
O réxime político de Salazar e Marcello Caetano consideraban que eses territorios non eran colonias, mais si parte integrante e inseparável de Portugal, considerándoo como unha "Nación Multirracial e Pluricontinental".
En 1975 , esta designación caeu en desuso tras a Revolución dos Cravos porque todas as colonias portuguesas, á excepción de Macau, tornáronse independentes de Portugal . Macau pasou a designarse de "Territorio chinés so administración portuguesa", designación que perdurou até 1999, cando Macau, a última colonia portuguesa, foi trasladada para a soberanía da República Popular da China.