O procedemento lexislativo da Unión Europea son as maneiras polas cales a Unión Europea adopta a lexislación. O procedemento utilizado para unha determinada proposta lexislativa depende da área política en cuestión. As regras que rexen o procedemento que se aplica ao dominio de intervención son definidas nos Tratados da Unión Europea.