Portugal e o Futuro foi un libro publicado pola Editora Arcádia o día 22 de febreiro de 1974 polo xeneral António de Spínola.
Nese libro, o ex-governador da Guinea-Bissau avogaba, tras 13 anos de Guerra do Ultramar, unha solución política e non militar como sendo a única saída para o conflito.
As accións do goberno marcelista, a dimisión xenerais António de Spínola e Francisco da Costa Gomes dos cargos que ocupaban no Estado-Maior Xeneral das Forzas Armadas, e a organización de cerimonia de apoio ao réxime, a Brigada do Reumático, dado ser maioritariamente constituída por anciáns oficiais-xenerais dos tres ramos das Forzas Armadas, viñeron aínda máis mostrar canto o réxime se sentía ameazado polas ideas contidas no libro[1].
No rescaldo da publicación Marcelo Caetano pide a dimisión ao Presidente da República, que non a acepta[2].
O libro tivo unha edición no Brasil, pola Editora Nova Fronteira, cunha nota introdutória de Carlos Lacerda.
"Portugal e o Futuro." Encyclopædía Britannica. 2009. Encyclopædía Britannica Online. 29 Apr. 2009