|
Portal sobre Portugal |
|
Este Portal pretende concentrar todos os tópicos acerca de Portugal . Categoría | Medía
|
|
| Portugal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Portugal, oficialmente República Portuguesa, é un país situado no suroeste da Europa, cuxo territorio se sitúa na zona occidental da Península Ibérica e en arquipélagos no Atlântico Norte. Posúe unha área total de 92.391 km², e é a nación máis occidental do continente europeo. O territorio portugués é delimitado a Norte e a Leste por España e a Sur e Oeste polo Océano Atlântico, e comprende a parte continental e as rexións autónomas: os arquipélagos dos Azores e da Madeira. Ten cerca de 11 millóns de habitantes e a súa capital é Lisboa. Nacendo desde un pequeno condado do Reino de León, o Condado Portucalense, tornouse independente en 1143 con D. Afonso Henriques, primeiro rei de Portugal, que coa súa valentía fixo nacer unha nova nación e a ampliou conquistando territorio aos Mouros. Tras a Reconquista, Portugal iniciou a súa empresa nos Descobrimentos, dando novos mundos ao Mundo. Durante os séculos XV e XVI, Portugal foi unha potencia mundial económica, social e cultural, constituíndose o primeiro e o máis duradeiro imperio colonial de amplitude global. O ouro e diamante que viña do vasto Imperio permitiu a construción de magníficos monumentos que aínda hoxe se poden admirar. Debido a crises de sucesión, Portugal incorporou en España , outro vastíssimo Reino e Imperio. Reconquistando a súa independencia tras 60 anos de poderio español, Portugal afrontou moitas "tribulações". Destácase o Terremoto de 1755 que vitimou miles de persoas e destruíu Lisboa por completo. O Marqués de Pombal encetou un plano de reconstrución que está aínda patente na Baixo da cidade. Crises políticas e económicas levaron á caída da Monarquía, tras o regicídio de 1908. Instaurada a I República, Portugal quixen resolver os seus problemas sociais e económicos e garantir unha maior estabilidade política. Mais esta caeu tras 16 de vigoridade, derrubada pola ditadura, o Estado Novo ou II República. Farto, o Pobo revoltou-se contra o réxime, a chamada Revolución dos Cravos, e instaurou a III República, unha democracia máis xusta e libre. É hoxe un país desenvolvido, social e politicamente estábel e humanamente desenvolvido. Posúe 18 distritos e dúas rexións autónomas, xa referidas. O seu sistema político é unha República parlamentaria, sendo o seu Presidente Aníbal Cavaco Silva e o seu primeiro ministro José Sócrates. A súa lingua oficial é o portugués e a súa moeda o Euro. A bandeira nacional e o seu himno nacional A Portuguesa son os símbolos nacionais de Portugal. É membro das Nacións Unidas, da OTAN-OTAN, da OCDE, da CPLP e da Unión Europea, e un dos países fundadores da Zona Euro e EFTA. Participa en diversas misións de mantemento de paz das Nacións Unidas.
Portais de Países e Rexións de Lingua Oficial Portuguesa
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||