A polgada é unha unidade de lonxitude usada no sistema imperial de medidas británico. Unha polgada son 2,54 centímetros ou 25,4 milímetros
A polgada ten súa orixe na medida realizada co propio polgar. É a largura dun polgar humano regular medido na base da uña (tamén houben tentativas de se ligar a medida coa distancia entre a punta do polgar até a primeira xunta; porén, iso normalmente é especulativo). Unha medida rápida do polgar dun ser humano adulto fornece aproximadamente 2,5 cm de lonxitude para esta distancia.
Hoxe en día, ela é definida en función da Jarda. Esta á súa vez é definida en función do metro (unidade adoptada na maioría dos países).
Equivalencias
1 polgada é igual a:
1 pé = 12 polgadas.
No Sistema Internacional de Unidades, a unidade fundamental de lonxitude é o metro. No sistema CGS, a unidade fundamental de lonxitude é o centímetro.
O símbolo internacional normalizado para polgada é in (ver ISO 31-1). Por veces, a unidade polgada é tamén representada por un dúo plica (p.ex. 30″ = 30 in). Da mesma forma, o pé (unidade) é representado por unha plica, e entón 6′2″ significan 6 pés e 2 polgadas (que miden 1,8796 m).
É de se notar que non hai espazo entre o número e as plicas, ao contrario do que ocorre entre o número e o símbolo in.
No entanto, por falta de coñecemento ou por dificultades técnicas, a plica dobre é ás veces erradamente representada por unhas aspas curvas (”) ou por unhas aspas ASCII ("); do mesmo modo, a plica (′) é ás veces erradamente representada por un apóstrofo (’) ou por un apóstrofo ASCII (').
Aparellos de TV e monitores de computador acostuman ser vendidos con medidas da diagonal en polgadas . Para formatos 4:3, unha regra práctica para converter para centímetros é usar 1 polgada de diagonal = 2 cm de largura. Esa medida tamén é utilizada en aros de pneumáticos, tanto de bicicletas tanto de vehículos automotores.