A créu, art performance ou performance artistística é unha modalidade de manifestación artística interdisciplinar que - así como o happening - pode combinar teatro, música, poesía ou vídeo. É característica da segunda metade do século XX, mais súas orixes están ligadas aos movementos de vangarda (dadaísmo, futurismo, Bauhaus, etc.) do inicio do século pasado.
Difire do happening por ser máis cuidadosamente elaborada e non envolver necesariamente a participación dos espectadores. En xeral, segue un "guión" previamente definido, podendo ser reproducida noutros momentos ou locais. É realizada para unha platéia case sempre restrinxida ou mesmo ausente e, así, depende de rexistros - a través de fotografías , vídeos e/ou memoriais descritivos - para se tornar coñecida do público.
Táboa de contido |
A performance foi introducida durante a decada de 1960 , polo grupo Fluxus e, moi especialmente, a través das obras de Joseph Beuys. Nunha de súas performances, Beuys pasou horas só na Galeria Schmela, en Düsseldorf , co rostro cuberto de mel e follas de ouro, cargando nos brazos unha lebre morta, a quen comentaba detalles sobre as obras expostas.
Nalgúns momentos, as performances doutros artistas tiveron conexión directa coas obras de body art, especialmente a través dos Activistas de Viena, ao final da década de 1960.
Nalgúns casos, as performances ligadas á body art se tornaron sensoriais ou até masoquistas. Chris Burden rastejou sobre un piso cuberto con cacos de vidro, levou tiros e foi crucificado sobre un automóbil.