Pedro de Cristo (Coímbra, 1545/1550 - Coímbra, 12 de decembro de 1618 ) foi un compositor portugués do Renascimento. El é un dos máis importantes polifonistas portugueses dos séculos XVI e XVII.
Don Pedro de Cristo naceu en Coímbra (Portugal) en c.1550. Pasou a maior parte de súa vida en Coímbra, no Mosteiro de Santa Cruz, onde foi profesor en 1571, aínda que estivese tamén no Mosteiro de San Vicente de Fóra, en Lisboa, pertencente á mesma congregação.
Mestre de capela do mosteiro, cargo de que foi titular a partir de 1597, Don Pedro de Cristo foi ao mesmo tempo profesor de música, cantante e tangedor de varios instrumentos, nomeadamente de tecla, arpa e frauta. Morreu en Coímbra, en 16 de decembro de 1618.
Don Pedro de Cristo - cuxo nome secular era Domingos - pode ser considerado un dos maiores polifonistas do século XVI no dominio da música relixiosa. É como compositor que ten o seu lugar na historia, coa súa vasta obra vocal polifônica de 3 a 6 voces, comprendida por moitos motetos, responsórios, salmos, misas, himnos, paixóns, lamentações, versos aleluiáticos, cânticos e vilancicos espirituais.
Pouco coñecido, en virtude da súa obra non ser aínda publicada na case totalidade, é posíbel, porén, avaliar da calidade e número de súas obras a través do que foi publicado sobre el por Ernesto Gonçalves de Pinho en Santa Cruz de Coímbra - Centro de Actividade musical dos séculos XVI e XVII con algúns datos biográficos inéditos e unha informção valiosa sobre as obras, aínda manuscritas deste frade crúzio.
Das 220 pezas que compón a totalidade destas especies, só unha ducia e media foi publicada en notação musical actual. Elaboradas con simplicidade e elegância, inspiradas ou non na temática gregoriana, mantendo, por un lado, aquela técnica rigorosa herdada da maneira de compor quatrocentista de influencia flamenga, conseguiu, por outro lado, liberarse dos apertados esquemas de imitação nas liñas melódicas, de forma a producir un contraponto de construción sóbria afastada dos grandes efectos, mais que realça con clareza a palabra do texto sagrado.
As obras de Don Pedro de Cristo conservan todo o elevado sentido espiritual da oración cantada dirixida a Deus, en que a profunda religiosidade e o simbolismo cristián de inspiración humanista se moldean na perfección formal da polifonia do Renascimento.
Velaí algunhas das súas obras: