Pataniscas de bacallau é o nome dun prato típico da culinária portuguesa, con orixe na rexión da Estremadura.
As pataniscas consisten en pedazos de bacallau desfiado fritos en polme de fariña de trigo, aderezado con sal e, por veces, pimenta e salsa. Posúen unha forma irregular achatada ou esférica, se fritas en abondosa graxa e fican con cerca de 8-12 cm de diâmetro .
Na rexión do Porto, son coñecidas simplemente por iscas ou iscas de bacallau, aínda que sexa realmente un prato distinto que consiste nun filete de bacallau cru albardado en polme de fariña e ovo e frito.
Moitas veces, son acompañadas por arroz de feixón encarnado, ou arroz-de-tomate, mais tamén poden ser consumidas como petisco, acompañadas dunha bebida, ou nunha sandes.