Un Partido político europeo, ou formalmente partido político ao nivel europeo, é un tipo de organización de partidos políticos que na Unión Europea é actualmente elegível para recibir fondos da Unión.
Tras as tentativas de creación de partidos ou organizacións políticas con dimensión e finalidade política europea durante o século XIX, como a "Moza Europa" de Giuseppe Mazzini, a formación de partidos europeos tivo un novo impulso no inmediato pos-guerra (1939-45), coa creación, en 1951 , do Movemento Social Europeo ou, en 1962 , co Partido Nacional Europeo.
Tras a caída do muro de Berlín, xurdiu unha nova vaga de partidos europeos, en resposta ao articulado do Tratado de Maastricht. O seu artigo 191, di que 'Os partidos políticos a nivel europeo son un factor importante para a integración dentro da Unión. Estes constribuem para formar unha consciencia europea e para expresar unhas ganas políticas do cidadán da Unión.' Isto tamén ficou escrito nos esboços do proxecto de Constitución Europea que, no Artigo 45 (4), dicía que 'Os partidos políticos a nivel europeo contribúen para formar unha consciencia política europea e para expresar as ganas dos cidadáns da Unión.' Para ir ao encontro deste desexo, a regulamentación (CE) Nr. 2004/2003 do Parlamento Europeo e do Consello Europeo de 4 de novembro de 2003 especificou as regulamentacións que gobernan os 'partidos políticos a nivel europeo e as regras para os seus fondos. Varios partidos políticos europeos foron desde entón creados, baseados en alianzas pan-europeas e no Parlamento Europeo (Grupos partidarios do Parlamento Europeo: o Partido Popular Europeo e o Partido Socialista Europeo son os dous maiores).