| Partido Socialista | |
|---|---|
| Presidente | Almeida Santos |
| Secretario | José Sócrates (Primeiro ministro) |
| Fundación | 19 de abril de 1973. |
| Sede | Largo do Rato, 2 1269-143 Lisboa |
| Publicación | Acción Socialista |
| Á moza | Xuventude Socialista |
| Membros (2004) | 77 000[1] |
| Ideoloxía | Social-democracia, Terceira vía[2] |
| Afiliação Internacional | Internacional Socialista |
| Afiliação Europea | Partido Socialista Europeo |
| Grupo no Parlamento Europeo | Alianza dos Socialistas e Demócratas Progresistas |
| Cores | rosa |
| Website | |
| www.ps.pt | |
O Partido Socialista (PS) portugués foi fundado en 19 de abril de 1973 na cidade alemá de Bad Münstereifel, por militantes da Acción Socialista Portuguesa.
Táboa de contido |
Tras a Revolución do 25 de abril, o PS gañou as eleccións de 1975 para a Asemblea Constituinte e as eleccións de 1976 para a Asemblea da República, perdendo a seguir para a AD nas eleccións de 1979.
En 1980, fixo unha alianza electoral, a Fronte Republicana e Socialista (FRS), coa Acción Social Demócrata Independente (ASDI) liderada por Sousa Franco e a Unión da Esquerda para a Democracia Socialista (UEDS) liderada por Lopes Cardoso.
Volveu a vencer as eleccións en 1983 e coligou-se co Partido Social Demócrata (PSD) de Moto Pito no chamado Bloque Central, goberno ese que preparou a entrada de Portugal na CEE. En 1985 o Bloque Central desfaise e o PS, na altura liderado por Almeida Santos, perde as eleccións. Cavaco Silva do PSD vence as eleccións e volve a vencer en 1987 contra Vítor Constâncio e en 1991 contra Jorge Sampaio, sendo estas dúas con maioría absoluta.
Só en 1995 o PS, entón liderado polo enxeñeiro António Guterres, vence con maioría relativa feito ese que volve a acontecer en 1999 . As eleccións de 2002 , subsequentes á renuncia de António Guterres ao cargo de Primeiro ministro, en 2001, dan a vitoria ao PSD.
Despois dunha grave crise económica e de falta de liderado no goberno e no PSD, as eleccións de 2005 dan vitoria ao PS liderado, por José Sócrates, con ampla maioría absoluta, sendo a primeira do PS desde o 25 de abril.
Desde a Revolución de 25 de abril de 1974 , o PS fixo varias veces parte do goberno e dous dos seus militantes (Mário Soares e Jorge Sampaio) foron elixidos Presidentes da República.
O PS é membro da Internacional Socialista e do Partido Socialista Europeo.
A organización de mozas do Partido Socialista portugués chámase Xuventude Socialista.
A lista dos Membros Fundadores do Partido Socialista foi elaborada en 1977, por Manuel Tito de Morais e Catanho de Menezes, sendo constituída polos militantes do Partido que contribuíron para a súa fundación e que, na data en que a lista foi organizada, continuaban como membros efectivos. Posteriormente fóronlle engadidos os nomes de catro militantes que, subscribindo a Acta da fundación, non obstante saíran do PS.