Parlamento Europeo |
|
|
|
|
| Formación: | 1952 como Asemblea Común |
| Presidente: | Jerzy Buzek (PPE) desde 14 de xullo de 2009. |
| Vicepresidentes: | 14 |
| Grupos Políticos: | 7 |
| Comisións: | 22 |
| Última elección: | xuño de 2009 (736 membros) |
| Local: | Estrasburgo e Bruxelas |
| Secretariado: | Luxemburgo e Bruxelas |
| Sitio web oficial: | europarl.europa.eu |
O Parlamento Europeo é a institución parlamentaria da Unión Europea. Electo por un período de 5 anos por sufrágio universal directo polos cidadáns dos estados-membros, o Parlamento Europeo é a expresión democrática de 374 millóns de cidadáns europeos. Constitúe así a Asemblea electa nos termos dos Tratados, do Acto de 20 de setembro de 1976 . No Parlamento Europeo están representadas, a nivel de formacións políticas paneuropeias, as grandes tendencias políticas existentes nos países membros. Ten sede en Estrasburgo , na Francia.
O presidente do Parlamento Europeo é Jerzy Buzek.
Táboa de contido |
O Parlamento ten tres funcións principais:
O proceso máis usual para a adopción da lexislación da UE é o de «co-decisión», que coloca o Parlamento Europeo e o Consello da Unión Europea en pé de igualdade e se aplica á lexislación nunha vasta gama de dominios.
Nalguns dominios (por exemplo, a agricultura, a política económica e a política en materia de visados e de inmigración), só o Consello pode legislar, mais é grazas a consultar o Parlamento. Alén diso, é necesaria a aprobación do Parlamento para certas decisións importantes, como a adhesión de novos países á UE.
O Parlamento contribúe aínda para a elaboración de nova lexislación, dado que ten que examinar o programa de traballo anual da Comisión, determinando cales os novos actos lexislativos que son necesarios e solicitando á Comisión que presente propostas nese sentido.
O Parlamento exerce, en varias circunstancias, un control democrático das outras institucións europeas.
Cando é indigitada unha nova Comisión, os seus membros son designados polos gobernos dos Estados membros, mais non poden ser nomeados sen a aprobación do Parlamento. O Parlamento realiza audicións con cada membro individualmente, incluíndo co Presidente da Comisión indigitado, e somete á votación a aprobación do conxunto da Comisión.
Durante todo o seu mandato, a Comisión permanece politicamente responsábel perante o Parlamento, que pode aprobar unha «moción de censura» que implica a dimisión de toda a Comisión.
En termos máis xerais, o Parlamento exerce o seu control a través da análise periódica de informes enviados pola Comisión (o Informe Xeral anual, informes sobre a execución do orzamento, etc.). Alén diso, os deputados do PE enderezan regularmente preguntas á Comisión, a que os membros da Comisión son, por lei, obrigados a responder.
O Parlamento tamén acompaña os traballos do Consello: os deputados do PE enderezan regularmente preguntas ao Consello e o Presidente do Consello participa nas sesións plenarias do Parlamento e nos debates máis importantes.
O Parlamento pode tamén exercer o seu control democrático a través da análise das petição presentadas por cidadáns e da institución de comisións de enquisa.
Por último, o Parlamento contribúe sempre para os cumes da UE (as reunións do Consello Europeo). No inicio de cada cume, o Presidente do Parlamento é convidado a expresar os puntos de vista e preocupacións do Parlamento sobre asuntos importantes e sobre as cuestións que figuran na axenda do Consello Europeo.
O ano de 2009 o control democrático dentro do parlamento europeo, fixo que Jean Marie Le Pen, da Fronte Nacional de Francia, non fixese a abertura do hemiciclo, que sempre foi feita até entón pola persoa con maior idade independentemente da ideoloxía politica, creando acessa discusión no parlamento Europeo entre boicots, facendo que non permitise a Jean Marie Le Pen esa mesma abertura.
O orzamento anual da UE é decidido conxuntamente polo Consello e polo Parlamento. Canto á forma de aprobación do orzamento, só a partir dos Tratados de Luxemburgo de 1970 e 1975, cando tanto o Parlamento Europeo como o Consello, convertéronse nos dous elos da autoridade orzamentaria, dividindo esta competencia. No caso de non estaren de acordo sobre as contías do proxecto de orzamento, o Parlamento pode rexeitar o orzamento na súa totalidade, obrigando a comezar todo o procedemento desde o inicio. O orzamento só entra en vigor tras ser asinado polo Presidente do Parlamento.
A Comisión do Control Orzamentario (COCOBU) do Parlamento controla a execución do orzamento. Todos os anos, o Parlamento ten que decidir se aproba a forma como a Comisión executou o orzamento do exercicio financeiro precedente. Este proceso de aprobación ten a designación técnica de «quitação».
O parlamento para alén de adoptar o orzamento exerce un control permanente sobre a xestión dos créditos, e avalía os efectos dos financiamentos realizados ao abrigo do orzamento comunitario, levando a cabo un acción continua co obxectivo de detectar e reprimir as fraudes.
| Grupo | Líder(es) | Número de membros |
||
|---|---|---|---|---|
| PPE | Joseph Daul | 265 | ||
| S&D | Martin Schulz | 184 | ||
| ALDE | Guy Verhofstadt | 84 | ||
| G-EFA | Daniel Cohn-Bendit Rebecca Harms |
55 | ||
| ECR | Timothy Kirkhope | 54 | ||
| GUE-NGL | Lothar Bisky | 35 | ||
| EFD | Nigel Farage Francesco Speroni |
32 | ||
| Non-inscritos | Independentes | 27 | ||
Na sétima lexislatura os grupos políticos son:
| División proporcional no Parlamento Europeo - Mudanzas entre o Tratado de Nice e o Tratado de Lisboa (calculada de acordo coas Eleccións europeas parlamentarias de 2009) |
|||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado-membro | 2007 | 2009 Nice |
2009 Lisboa |
Estado-membro | 2007 | 2009 Nice |
2009 Lisboa |
Estado-membro | 2007 | 2009 Nice |
2009 Lisboa |
||
| 99 | 99 | 96 | 24 | 22 | 22 | 14 | 13 | 13 | |||||
| 78 | 72 | 74 | 24 | 22 | 22 | 13 | 12 | 12 | |||||
| 78 | 72 | 73 | 24 | 22 | 22 | 13 | 12 | 12 | |||||
| 78 | 72 | 73 | 24 | 22 | 22 | 9 | 8 | 9 | |||||
| 54 | 50 | 54 | 19 | 18 | 20 | 7 | 7 | 8 | |||||
| 54 | 50 | 51 | 18 | 17 | 19 | 6 | 6 | 6 | |||||
| 35 | 33 | 33 | 18 | 17 | 18 | 6 | 6 | 6 | |||||
| 27 | 25 | 26 | 14 | 13 | 13 | 6 | 6 | 6 | |||||
| 24 | 22 | 22 | 14 | 13 | 13 | 5 | 5 | 6 | |||||
| 1Inclúe Xibraltar, mais non calquera outro territorio ultramarino británico, áreas de soberanía ou dependencias da Coroa. 2 O orador non é contado oficialmente, deixando así o total de 750 deputados. Itálico - Países que son divididos por círculos sub-nacionais. |
Total: | 785 | 736 | 7512 | |||||||||
O Parlamento posúe 20 comisións permanentes constituídas por 28 a 86 deputados cada unha (o que reflexiona a composición política do conxunto do Parlamento), incluíndo unha cadeira, unha mesa e secretariado. Reúnense dúas veces por mes en público a elaborar, alterar e adoptar as propostas lexislativas e informes a seren presentados ao plenario. Os relatores dun comité son supostamente para presentar o punto de vista da comisión, nomeadamente, aínda que este non fose sempre o caso. Nos acontecementos que conduciron á dimisión da Comisión de Santer, o relator estivo en contra a Comisión do Control Orzamentario en votar o orzamento, e instou o Parlamento a rexeitala. [1]
Comités poden igualmente crear sub-comisións (por exemplo, a Sub-comisión dos Dereitos do Home) e comisións temporais para tratar dun tema específico (por exemplo, sobre a entrega extraordinaria). Os presidentes das Comisións coordinan os seus traballos por medio da "Conferencia dos Presidentes das Comisións." Coa co-decisión foi introducido un aumento das competencias do Parlamento en varias áreas, mais principalmente os que integran a Comisión do Medio Ambiente, da Saúde Pública e da Seguranza Alimentar. Anteriormente esta comisión foi considerada polos deputados como unha "Comisión Cinderella", no entanto, unha vez que gañou unha nova importancia, tornouse máis profesional e rigorosa, atraendo máis e máis a atención para os seus traballos.
As delegacións do Parlamento son formadas de forma semellante e é responsábel polas relacións cos parlamentos fóra da UE. Existen 34 delegacións compostas por cerca de 15 deputados, e tamén polos presidentes das delegacións para cooperaren nas conferencias. Elas inclúen "Delegacións interparlamentares" (manter relacións co Parlamento fóra da UE), "das comisións parlamentarias mixtas" (mantendo relacións cos parlamentos de países que son demandantes ou asociados da UE), a delegación á Asemblea Parlamentaria Paritária e a delegación á Asemblea Parlamentaria Euro-Mediterrânica. Os deputados tamén participan noutras actividades internacionais, como a asemblea Parlamentaria Euro-Latino-Americana, o Diálogo Transatlântico de Lexisladores e a través de observación electoral nos países terceiros.
Séguese unha lista das Comisións do Parlamento Europeo (Datos de outubro de 2007 ) [2]
| Comisión | Sigla | Presidente | Grupo |
|---|---|---|---|
| Asuntos Externos | AFET | Jacek Saryusz-Wolski | PPE-DE |
| Desenvolvemento | DEBE | Josep Borrell Fontelles | PSE |
| Comercio Internacional | INTA | Helmuth Markov | NGL |
| Orzamento | BUDG | Reimer Böge | PPE-DE |
| Control Orzamentario | CONT | Herbert Bösch | PSE |
| Asuntos Económicos e Monetarios | ECON | Pervenche Berès | PSE |
| Emprego e Asuntos Sociais | EMPL | Jan Andersson | PSE |
| Ambiente, Saúde Pública e Seguranza Alimentar | ENVI | Miroslav Ouzky | PPE-DE |
| Industria, Investigación e Enerxía | ITRE | Angelika Niebler | PPE-DE |
| Mercado Interno e Protección dos Consumidores | IMCO | Ariene McCarthy | PSE |
| Transportes e Turismo | TRAN | Paolo Costa | ALDE |
| Desenvolvemento Rexional | REXÍN | Gerardo Galeote | PPE-DE |
| Agricultura e Desenvolvemento Rural | AGRI | Neil Parish | PPE-DE |
| Pescas | PECH | Philippe Morillon | ALDE |
| Cultura e Educación | CULT | vacante | |
| asuntos Xurídicos | JURI | Giuseppe Gargani | PPE-DE |
| Comisión das Liberdades Cívicas, Xustiza e Asuntos Internos | LIBE | Jean-Marie Cavada | ALDE |
| Asuntos Constitucionais | AFCO | Jo Leinen | PSE |
| Comisión dos Dereitos da Muller e da Igualdade dos Xéneros | FEMM | Anna Záborská | PPE-DE |
| Petição | PETI | Marcin Libicki | UEN |
| Dereitos Humanos (Sub-comisión) | DROI | Hélène Flautre | G-EFA |
| Seguranza e Defensa (Sub-comisión) | SEDE | Karl von Wogau | PPE-DE |
| Presidente: | Jerzy Buzek |
|---|---|
| Vicepresidentes: | Giovanni Pittella Rodi Kratsa-Tsagaropoulou Stavros Lambrinidis Miguel Angel Martínez Martínez Alejo Vidal-Rueiros Dagmar Roth-Behrendt Libor Rouček Isabelle Durant Roberta Angelilli Diana Wallis Pál Schmitt Edward McMillan-Scott Rainer Wieland Silvana Koch-Mehrin |
O Presidente, actualmente Jerzy Buzek, eurodeputado do PPE, é esencialmente o orador do Parlamento. El preside a sesión, cando el estiver en sesión e a sinatura do Presidente é necesaria para todos os actos aprobados polo proceso de co-decisión, incluíndo o orzamento da UE. O Presidente tamén é responsábel pola representación do Parlamento externamente, inclusive en cuestións xurídicas, ben como para a aplicación das regras de procedemento. El é elixido por dous anos e medio, o que significa dúas eleccións por lexislatura.
Na maioría dos países, o protocolo do Xefe de Estado vén antes de todos os outros, no entanto na UE, o Parlamento está alistado como a primeira institución e, por tanto, o protocolo de seu Presidente vén antes de calquera outro protocolo europeo ou nacional.
Unha serie de notábeis figuras foron Presidentes do Parlamento. O primeiro presidente foi Paul-Henri Spaak, deputado e un dos fundadores da Unión Europea. Outros fundadores inclúen Alcide de Gasperi e Robert Schuman. Dous eran do sexo feminino: Simone Veil electa en 1979 (primeira Presidente do Parlamento electa) e Nicole Fontaine, deputada, en 1999 .
Durante a elección dun Presidente, a sesión é presidida polo máis antigo membro do Parlamento. En 2004 e 2007, esta foi presidida por Giovanni Berlinguer. Mentres o membro máis ancián está na cadeira presidencial, detén todos os poderes do Presidente, mais a única empresa que pode ser abordada é a elección do novo Presidente.
Abaixo do Presidente, hai 14 vicepresidentes, que presiden a debates, cando o presidente non está na Cámara. Hai unha serie doutros órganos e cargos responsábeis pola xestión do Parlamento para alén destes. Os dous principais organismos son a Mesa, que é responsábel polas cuestións orzamentarias e de xestión, e a Conferencia dos Presidentes, que é un órgano composto polos presidentes de cada un dos grupos políticos do parlamento.
A táboa seguinte presenta todas as presidencias das institucións da Unión Europea. Para ver os presidentes do Parlamento Europeo, consulte a sexta columna.
| Conservador | Socialista | Liberal | Independente | Verde |
mwl:Parlamiento Ouropeu