En economía a paridade do poder de compra (PPC) ou paridade do poder aquisitivo (PPA), é un método alternativo á taxa de cambio para se calcular o poder de compra de dous países. A PPC mide canto unha determinada moeda pode comprar en termos internacionais (normalmente dólar), xa que bens e servizos teñen distintos prezos dun país para outro, ou sexa, relaciona o poder aquisitivo de tal persoa co custo de vida do local, se el consegue comprar todo que necesita con seu salario.
A PPC é necesaria porque a comparación dos produtos internos brutos (PIB) nunha moeda común non describe con precisión as diferenzas en prosperidade material. A PPC, ao revés, leva en conta tanto as diferenzas de rendementos como tamén as diferenzas no custo de vida. Isto é complicado porque os prezos non flutúan nun nivel uniforme; na verdade, a diferenza nos prezos dos alimentos pode ser maior que a de os prezos de vivenda ou a de os prezos de entretemento. Ademais, os padrões de compra e até mesmo os bens dispoñíbeis para compra son distintos de país para país, por tanto unha cesta constante de bens non pode ser utilizada para comparar prezos en distintos países.
As diferenzas entre a PPC e a taxa de cambio real poden ser significativas. Por exemplo, o PIB per capita na República Popular da China é cerca de USD 1.400, mentres que, con base na PPC, el pasa a USD 6.200. Na outra punta, o PIB per capita nominal do Xapón é cerca de USD 37.600, mais o valor en PPC é de só USD 31.400.
Medir o padrão de vida dun país só coa taxa de cambio pode ser ilusório. Por exemplo: se o valor do peso mexicano cae en comparación co dólar americano, o PIB mexicano medido en dólares tamén caerá. Mais a variación da taxa de cambio é só resultado do comercio internacional e do mercado financeiro - isto non quere dicir que os mexicanos ficaron efectivamente máis pobres, desde que os salarios e os prezos en pesos permanezan estábeis.