A onda media tamén coñecida como "Ondas Medias (OM)", é unha banda de radio comprendida entre as frecuencias de 300 kHz e 3000 kHz. En inglés , a abreviatura para onda media é MW (Medium-Wave). Esta faixa de frecuencias é usada en case todo o mundo para radiodifusão.
Nos Estados Unidos as estacións de radio que emiten en onda media están separadas en canles de 10 kHz con bandas laterais de +-5 kHz, mentres que na Europa esa separación é de 9 kHz con bandas laterais de 4.5 kHz.
As ondas medias permiten unha calidade de son razoábel para voz, mais claramente insuficiente para música de alta fidelidade, sendo unha banda que actualmente ten pouca audiencia en Portugal , pois a maior parte das estacións de radio utilizan a banda de frecuencia modulada (FM), que permite unha boa calidade de son e baixo ruído, aínda que o alcance dos emisores sexa menor.