O Oceanário de Lisboa é un museo de bioloxía mariña situado no Parque das Nacións en Lisboa , Portugal, construído no ámbito da Expo 98.
Este pavillón, da autoría do arquitecto norteamericano Peter Chermayeff, lembra un porta-avións e está instalado nun caes rodeado de auga. É o segundo maior oceanário do Mundo e contén unha impresionante colección de especies — aves, mamíferos, peixes e outros habitantes mariños.
Os habitats escollidos, pola súa riqueza natural en termos de fauna e flora, foron os seguintes: océano Antárctico, arrecife de coral do océano Índico, costas rochosas do océano Pacífico e costa dos Azores, no océano Atlântico.
A principal atracção, para a maior parte dos visitantes, é o gran tanque central, onde coexistem varias especies de peixes como tiburón, barracudas, raias, atuns e pequenos peixes tropicais. Aínda que pretenda ser unha representación do océano aberto, ten sido criticado por varios científicos polo feito de xuntar especies pouco relacionadas no mesmo espazo.
O mascote escollido do Oceanário de Lisboa [1] é o boneco Vasco (co mote: o Vasco é boa onda!), en referencia ao navegador portugués Vasco da Gama. O Vasco encóntrase en dous lugares para saudar os visitantes e turistas, fronte á entrada principal e na baía fronte ao oceanário (porto do Río Texo).
En 18 de decembro de 2009 o Oceanário atinxiu 14 millóns de visitantes[2].
Táboa de contido |