O Euro (EUR ou €) é a moeda común para as nacións que pertencen á Unión Europea e que adheriron á zona Euro. As moedas de euro teñen dous lados distintos: un lado común, europeo, mostrando o valor da moeda, e un lado nacional, mostrando un deseño escollido polo país membro da UE onde a moeda foi cunhada. Cada país membro ten un ou varios deseños únicos a ese país.
Para visualizar as imaxes do lado común e para ter unha descrición detallada das moedas, ver moedas de euro.
As moedas de euro portuguesas presentan tres deseños distintos da autoría de Vítor Manuel dos Santos para cada unha das tres series de moedas.
Estes deseños son bastante semellantes entre si, visto representaren antigos selos reais de D. Afonso Henriques, inscritos nun círculo formado por sete castelos, cinco escudetes e as letras da palabra «Portugal». Á súa vez este círculo está inserido noutro formado polas 12 estrelas da UE e o ano de cunhagem.
A marca de cunhagem INCM está colocada sobre o escudete situado entre o algarismo das unidades do ano e o «L» de «Portugal».
Foi permitida a cunhagem de moedas comemorativas a partir do final de 2003. A partir desta data, calquera membro da zona do euro pode crear moedas comemorativas de €2, e tales moedas teñen valor de compra legal en toda zona do euro.
En 2007 , Portugal creou, á semellanza doutros países, un moeda comemorativa do 50.º aniversario do Tratado de Roma e aínda unha moeda comemorativa da presidencia portuguesa da Unión Europea[1]. En 2008 , é cunhada unha moeda comemorativa do 60.º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos do Home. En 2009 , é cunhada unha moeda comemorativa do 10.º aniversario da Unión Económica e Monetaria e da creación do euro[2].
|
50.º aniversario da sinatura do Tratado de Roma (2007) |
60.º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos do Home (2008) |
10.º aniversario da Unión Económica e Monetaria e da creación do euro (2009) |
|
|
€2 Lusofonia coin Portugal 2008.png
|