| Ministerio da Xustiza | |
| Terreiro do Paço, Lisboa www.mj.gov.pt |
|
| Creación | 1821 [1] |
| Arquivo:Brana.JPG | |
| Sede do Ministerio da Xustiza no Terreiro do Paço | |
| Actual ministro | Alberto Martins |
| [1] como Secretaría de Estado dos Negocios Eclesiásticos e de Xustiza | |
O Ministerio da Xustiza é un departamento do Goberno de Portugal , responsábel pola xestión dos asuntos respeitantes ao Sistema Xudicial Portugués. Ao contrario da maioría dos outros departamentos gobernamentais, o poder executivo do ministerio é limitado debido á independencia do Poder Xudicial. O Ministerio da Xustiza limítase, na maioría dos casos a dar apoio administrativo, lexislativo e financeiro ao Sistema Xudicial, ficando a execución das actividades operacionais dos seus organismos da responsabilidade do Poder Xudicial. Un exemplo claro disto é a Policía Xudiciaria, dependente en termos administrativos, financeiros e organizacionais do Ministerio da Xustiza, mais cuxa actividade operacional é executada so a dirección e coordinación do Ministerio Público.
Táboa de contido |
O Ministerio da Xustiza inclúe os seguintes departamentos e organismos:
Até 1821 os asuntos respeitantes á xustiza eran administrados pola Secretaría de Estado dos Negocios Interiores do Reino. Debido á complexidade deses asuntos, ese ano foi decidida a creación dun novo ministerio, denominado Secretaría de Estado dos Negocios Eclesiásticos e de Xustiza. Dado que non existía aínda a separación entre a Igrexa e o Estado, alén da Xustiza, unha parte importante da actividade do ministerio era a administración dos asuntos eclesiásticos. A partir de finais do século XIX, aínda que a súa denominação oficial non fose alterada, o departamento pasou a ser máis coñecido por Ministerio dos Negocios Eclesiásticos e de Xustiza.
Coa implantación do réxime republicano en 1910, dáse a separación completa entre a Igrexa e o Estado, ficando a administración dos asuntos eclesiásticos unha competencia da Igrexa Católica Portuguesa. A partir de aí a competencia do ministerio nos asuntos relixiosos pasa a ser só de regulación dos cultos. Nesa altura o departamento muda de nome pasando a denominarse Ministerio da Xustiza e dos Cultos.
En 1940, o ministerio deixa de ter calquera competencia nos asuntos relixiosos, pasando a dedicarse enteiramente aos asuntos xudiciais e mudando de nome para Ministerio da Xustiza situación que aínda se mantén.