O Mesolítico (pedra intermediaria) é un período da pre-historia situado entre o Paleolítico e o Neolítico, e presente (ou polo menos, con duración razoábel) só nalgunhas rexións do mundo onde non houben transición directa entre os dous períodos citados. As rexións que sufriron maiores efectos das glaciações tiveron Mesolíticos máis evidentes.
Iniciouse co fin do Pleistoceno, hai cerca de 10 mil anos, e terminou coa introdución da agricultura, en épocas que varían de acordo coa rexión.
Culturas mesolíticas son as que xorden na transición entre as que aínda representan unha economía de produción. Un fenómeno que aparece con carácter xeral nas culturas mesolíticas é a tendencia para as formas microlíticas e geométricas na industria lítica e a desaparición gradual da industria ósea. Neste período intermediario, o home conseguiu dar grandes pasos rumbo ao desenvolvemento e á supervivencia de forma máis segura. O dominio do fogo foi o maior exemplo disto. Co fogo, o ser humano puido asombrar os animais, cozinhar a carne e outros alimentos, iluminar súa vivenda alén de conseguir calor nos momentos de frío intenso. Estas culturas non xorden en todo o lado ao mesmo tempo nin teñen idéntica duración. Na Europa continental e nórdica o desenvolvemento das culturas mesolíticas procede da degradação gradual da cultura magdalenense do Paleolítico final, a medida que as novas condicións climáticas orixinaban unha diminución e transformación da fauna ao ritmo da diminución progresiva do glaciar escandinavo. As culturas mesolíticas do norte da Europa son en gran parte tributarias da anterior tradición magdalenense.
En Francia , o proceso de degradação do Paleolítico dá lugar á aparición da cultura azilense na zona pirenaica, con extensión pola zona cantábrica da Península Ibérica, cultura de transición sen grandes novidades e que continúa as antigas técnicas paleolíticas. No entanto, en Francia pódense encontrar vestixios da cultura tardenoisense (nome derivado de Tardenois, onde se sitúa o jazigo de Fère), característica dos terreos baixos e zonas de dunas . No Mesolítico gran importancia adquiren os concheiros portugueses das marxes do Texo, onde está asente unha poboación que vai evolucionando lentamente e na cal aparecen xa moitos elementos raciais mixtos. Os principais jazigos, para alén dos Concheiros de Muge son: Cabeço da Amoreira, Cova da Onça e Fonte do Padre Pedro. A este ciclo cultural pertencen tamén os talleres de traballo manual de sílex , ao ar libre, que existen na rexión tarraconense.
O mesolítico asistiu tamén a un novo tipo de cazador recolector, o cazador complexo, que na ausencia da megafauna pleistocênica explotou un novo nicho, que consistía en animais de pequeno e medio porte como o veado, o gamo as lebres... Para complementar a caza, as comunidades mesolíticas pasaron a facer acampamentos especializados con actividades como o marisqueio e/ou a pesca. Os concheiros do Texo son o que resta dalgúns destes acampamentos. O almacenamento comeza tamén a ocorrer neste período ben como unha especie de sedentarização sazonal(acampamentos fixos con algúns entrepostos especializados utilizados durante unha estación)
O mesolítico, no que toca á industria lítica pautou-se pola utilización de micrólitos, pedra lascada de dimensión moi reducida que eran incorporadas con compoñentes de madeira para facer instrumentos compósitos.
Algúns autores como Gordon Childe defenden que as raíces das primeiras sociedades campesiñas se encontran precisamente nestas comunidades de cazadores/recolectores complexos.