| Luísa Todi Luísa Rosa de Aguiar |
|
|---|---|
![]() pintura feita por Vigée Le Brun en 1785 |
|
| Nome completo | Luísa Rosa de Aguiar |
| Nacemento | 9 de xaneiro de 1753. Setúbal, Portugal |
| Morte | 1 de outubro de 1833 (80 anos) Lisboa, Portugal |
| Ocupación | cantante |
| Influenciados | Francesco Saverio Todi David Perez |
| Coñecido(a) por | cantante lírica |
Luísa Rosa de Aguiar, coñecida como Luísa Todi, foi unha cantante portuguesa.
Luísa Todi foi a medio-soprano portuguesa máis célebre de todos os tempos.
Naceu en Setúbal, filla dun profesor de música e instrumentista, que pasou a vivir en Lisboa en 1765.
Luísa comezou polo teatro musicado aos catorce anos, no Teatro do Conde de Soure, no "Tartufo", de Molière . Coa súa irmá Cecília Rosa cantou en óperas cómicas.
Casou[1], en 28 de xullo de 1769, co violinista napolitano e seu gran admirador, Francesco Saverio Todi que lle deu o apelido e a fixo aprender canto co compositor David Perez, moi conceituado e mestre de capela da corte portuguesa. Ao marido debeu o perfeccionamento e a dimensión internacional que a levarían a todas as cortes da Europa, como cantante lírica.
Estreouse en 1771 na corte portuguesa de D. Maria I e cantou no Porto entre 1772 e 1777, cando partiu para Londres para actuar no King's Theatre, sen particular aplauso por parte dos ingleses.
En 1778 está en París e Versalhes. En 1780 é aclamada en Turim , no Teatro Régio, asinando un contrato como prima-dona, e en 1780 era xa considerada pola crítica como unha das mellores voces de sempre.
Brillou na Austria, na Alemaña e na Rusia. Veu a Portugal en 1783 para cantar na corte portuguesa. Regresou a París ficando célebre o "duelo" con outra cantante famosa de nome Gertrudes Mara. A crítica e o público dividiuse.
Convidada, parte co marido e fillos para a corte de Catarina II da Rusia, en San Petersburgo (1784 a 1788), que a regalou con xoias fabulosas. En agradecimento a parella Todi escribiu para a imperatriz a opera «Pollinia». Berlín aplaudiuna cando ía a camiño da Rusia e no regreso, Luísa Todi foi convidada por Frederico Guilherme II da Prússia, que lle deu apousentos no palacio real, carruagem e os seus propios cozinheiros, sen falar do principesco contrato, tendo alí permanecido de 1787 a 1789.
Diversas cidades alemás a aplaudiron como Mainz, Hanôver e Bona, onde Beethoven a terá oído. Cantou aínda en Venecia , Xénova, Pádua, Bérgamo e Turim.
De 1792 a 1796 encantou os madrileños novamente.
En 1793 regresa á corte de Lisboa por ocasión do bautizado de máis unha filla do herdeiro do trono, futuro D. João VI, casado con D. Carlota Joaquina. A cantante precisou dunha autorización especial para cantar en público, o que era entón prohibido ás mulleres, nunha corte pouco esclarecida como a de D. Maria I.
Luísa Todi tiña a capacidade invulgar de cantar coa maior perfección e expresión en francés , inglés, italiano e alemán.
En 1799 terminou a súa carreira en Nápoles .
Regresou a Portugal e cantou aínda no Porto, en 1801 onde enviuvou en 1803. Viviu naquela cidade, onde viría a perder as súas famosas xoias no tráxico accidente da Ponte das Barcas, por ocasión da fuga das invasións francesas en Portugal, polos exércitos de Napoleão , en 1809.
Viviu en Lisboa de 1811 até ao final da vida, consta que con algunhas dificultades e cega.
Setúbal non a esqueceu téndolle erigido un monumento coa súa efígie e dato o seu nome a unha das principais artérias da cidade.
No libro de Anton Reicha, "Tratado da Melodía" Luísa Todi foi considerada "A cantante de todas as centúrias" mellor dicindo "Unha cantante para a eternidade"
MOREAU, Mário. luísa Todi: 1753-1833. Lisboa, Hugin, 2002. ISBN 972-794-160-5