| Finlandés (suomi) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Finlandia, Estonia (Íngria), Suecia (Vale de Torne), Noruega (Finnmark), noroeste da Rusia (Carélia) | |
| Rexión: | Europa Setentrional | |
| Total de falantes:. | 7 millóns | |
| Familia: | Urálica Fino-permiana Finês Finlandés |
|
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Finlandia, Unión Europea | |
| Regulado por: | Kotimaisten kielten tutkimuskeskus ("Instituto de Pescudas para as Linguas da Finlandia") | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | fi | |
| ISO 639-2: | fin | |
| ISO 639-3: | fin | |
| SIL: | FIN | |
A lingua finlandesa é un idioma da familia de linguas urálicas do grupo fino-permiano, ao cal tamén pertencen o húngaro e o estoniano.
O finlandés ten a característica de non pertencer ao tronco indo-europeo, opostamente á maior parte das linguas europeas. Pertencente ao tronco urálico e ao ramo fino-permiano, así como o estoniano e o livónio, ten morfologia do tipo aglutinante, e o acento tônico recai sempre sobre a primeira sílaba da palabra. O sistema de declinación conta cun complexo sistema de quince casos, a saber:
O número - singular ou plural - é determinado polas distintas terminacións en cada declinación. Non existen xéneros, nin artigos. Como en finlandés a función sintática é determinada polas declinacións (que se distinguen pola terminación de cada palabra, como en latim ), a orde das palabras indica a forma definida ou indefinida. Por exemplo, para se dicir "a flor está sobre a mesa", dise, en finlandés: kukka on pöydällä, mentres que pöydällä on kukka se traduce por "hai unha flor sobre a mesa".
Táboa de contido |
A posesión, en finlandés, é determinada polo caso genitivo, que asume terminacións distintas de acordo con cada persoa, inexistindo, por tanto, pronomes possessivos.
O verbo asume formas activas e passivas, afirmativas e negativas. Non hai tempo futuro. Existen catro modos "populares" e un quinto, que se encontra nalgúns dialetos do estónio, coñecido como "eventivo". El ocorre só no Kalevala, o poema épico dos finlandeses.
Hai catro formas para o infinitivo, cada unha posuíndo un significado e uso específico.
O idioma finlandés escríbese co alfabeto latino, e ten por característica ser fonético, isto é, a cada grafema corresponde un só fonema e viceversa. As letras poden ser duplicadas, sendo que, neste caso, son pronunciadas de forma máis longa (no caso das vogal e consoantes constritivas), ou con pequena pausa (no caso das consoantes oclusivas). As vogal anteriores, á excepción do "e" e do "i", son indicadas por medio dun trema. O "u" anteriorizado (como o "u" francés), en vez de recibir trema, é substituído polo "y".
A estrutura fonológica finlandesa ten gran semellanza coa do xaponés, idioma co cal comparte algunhas palabras comúns (aínda que con significados totalmente distintas) e que algúns linguistas especulan que teña un longínquo parentesco (cf. Linguas uralo-altaicas). As vogal predominam na fala e os encontros consonantais son moi raros. Tamén é común a existencia de vogal e consoantes duplicadas. Existe o fenómeno da harmonía vocálica, así como as demais linguas fino-permianas, e oposición entre as vogal "posteriores" (a, o, u) e as vogal "anteriores" (ä, ö, y).
krc:Фин тилmhr:Финн йылмеpnb:فنی