| Laranxa | ||
|---|---|---|
| — Coordenadas da cor — | ||
| Trip. Hex | #FF7F00 | |
| RGB | (255, 127, 0) | |
| CMYK | (0%, 50%, 100%, 0%) | |
| HSV | (30°, 100%, 100%%) | |
A cor laranxa, cor-de-laranxa, cor de banana ou simplemente laranxa ou abóbora, é unha cor terciária, polo vermello e o amarelo (unha primaria e outra secundaria, dependendo do caso) que, no espectro visíbel, ten unha lonxitude de onda aproximado de 620-585 nanómetros. Ten a mesma cor da froita que lle dá o nome.
É unha cor viva que xeralmente é asociada a euforia, unha disposición enérxica e moi usada para chamar a atención. Estudos indican que a cor laranxa nun ambiente pode deixar as persoas do recinto eufóricas. A cor laranxa foi escollida polas Forzas Armadas dos Estados Unidos como a cor a ser usada para recades salva-vidas por ser moi visíbel e contrastante coa cor do mar, mesmo á noite, e tamén por ser unha cor pouco común na natureza.
Algunhas cousas que teñen cor laranxa: laranxa (froita); chama, fogo, ou brasa en madeira ; mel silvestre ollado contra a luz, abóbora, etc.
Para facilitar o uso das cores, principalmente no traballo de artes gráficas e impresión, a padronização internacional das cores é fundamental. Para iso, algunhas empresas especializadas facilitan publicamente algúns códigos que son asociados a unha determinada cor. Eses códigos poden ser encontrados en gráficas facilitados en catálogos, en diversos tipos de papel. Segue unha lista cos códigos para a cor laranxa. Nota: pode non haber a cor apropiada ou haber máis dun código posíbel para a cor laranxa en cada padrão, dependendo da variación de tonalidades, porén se escolleu de máis próxima para ilustrar.
| PANTONE MATCHING SYSTEM® (con cobertura) | PANTONE 168 CVC |
| PANTONE MATCHING SYSTEM® (sen cobertura) | PANTONE 165 CVU |
| PANTONE Process Color System® | PANTONE S36-1 CVS |
| PANTONE® Hexachrome® (con cobertura) | PANTONE H 85-8 CVC |
| PANTONE® Hexachrome® (sen cobertura) | PANTONE H 70-1 CVU |
| Cores metálicas PANTONE® (foscas) | PANTONE 8943 CVU |
| Cores pastéis PANTONE® (con cobertura) | PANTONE 9201 CVC |
| Cores pastéis PANTONE® (sen cobertura) | PANTONE 9201 CVU |
| Cores HKS® | HKS 06K 090% ' K 0% |
| Cores TRUMATCH | TRUMATCH 8-A |
| Cores FOCOLTONE | FOCOLTONE 3507 |
| Cores SpectraMaster® | SpectraMaster® YS082 |
| TOYO COLOR FINDER | TOYO 0154pc* |
| Cores DIC | DIC 566p* |
| Cores Lab | L*a*b* 60 25 29 |