| Jorge Sampaio | |
| Presidente de Portugal. |
|
| Mandato: | 9 de marzo de 1996 - 9 de marzo de 2006. |
| Precedido por: | Mário Soares |
| Sucedido por: | Aníbal Cavaco Silva |
|
|
|
| Nacemento: | 18 de setembro de 1939 (70 anos) Lisboa, Portugal |
| Primeira-dama: | Maria José Rodrigues Ritta |
| Partido: | Partido Socialista |
| Profesión: | avogado e político |
Jorge Fernando Branco de Sampaio GCol CHE GCIH , GColIH (Lisboa, 18 de setembro de 1939 ) é un político portugués, terceiro presidente electo na vigência da III República Portuguesa, entre 9 de marzo de 1996 e 9 de marzo de 2006 .
Jorge Sampaio iniciou a súa carreira política na altura en que era estudante na Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa. Estivo envolvido na contestação ao réxime Salazarista e foi líder da asociación académica da facultade (AAFDL) entre 1960 e 1961. Tras a súa graduação en 1961, Jorge Sampaio iniciou unha carreira notábel como avogado, moitas veces envolvido na defensa de prisioneiros políticos.
Tras a Revolución dos Cravos de 25 de abril de 1974, Jorge Sampaio foi fundador do Movemento de Esquerda Socialista (MES), mais abandonou o proxecto pouco despois. En 1978 adheriu ao PS, o Partido Socialista, onde permanece até hoxe. A súa primeira elección como deputado por Lisboa na Asemblea da República foi en 1979. Entre este ano e 1984, foi membro da Comisión Europea para os Dereitos Humanos, onde desempeñou un traballo importante nesas materias.
Entre 1986 e 1987, foi presidente do Grupo Parlamentario do Partido Socialista. En 1989 foi elixido presidente do partido, un posto que detivo até 1991. Tamén en 1989, Jorge Sampaio foi elixido alcalde de Lisboa , sendo reelixido en 1993 .
En 1995 , Jorge Sampaio anunciou o desexo de se presentar a candidatura á Presidencia da República. Gañou a elección pronto na primeira volta, contra Aníbal Cavaco Silva, o anterior primeiro ministro, e foi elixido presidente en 14 de xaneiro de 1996 . Tomou posesión deste cargo a 9 de marzo. Tras un primeiro mandato sen controversias, foi re-electo Presidente en 14 de xaneiro de 2001.
Como presidente, a súa acción destácase nos aspectos sociais e culturais. As súas intervencións presidenciais foron reunidas nos libros Portugueses I, II, III, IV, V e VI. No dominio económico, impulsou a creación da COTEC Portugal. Na escena política internacional, Sampaio foi un importante contribuidor para a toma de consciencia da causa pola Independencia de Timor-Leste .
A presidencia de Jorge Sampaio marcouse sempre por un senso firme de prudencia e moderação, un estilo que lle asegurou un primeiro mandato sen controversias. En 2004 , porén, a súa decisión de non convocar eleccións anticipadas tras a resignación do primeiro ministro Socialdemócrata José Durão Barroso foi contestada por todos os partidos de esquerda e acabou por influenciar a decisión de dimisión do líder do Partido Socialista Eduardo Ferro Rodrigues. En 8 de marzo de 2006 , (na véspera de terminar o seu segundo mandato como presidente da República) foi agraciado co gran colar da Orde da Torre e Espada, Valor, Lealdade e Mérito. En 9 de marzo de 2006 foi tamén agraciado, polo seu sucesor na Presidencia da República, Aníbal Cavaco Silva, co gran colar da Orde da Liberdade. En maio de 2006 , foi nomeado polo Secretario Xeral das Nacións Unidas Enviado Especial para a Loita contra a Tuberculose. En 26 de abril de 2007 foi nomeado Alto Representante da ONU para a Alianza das Civilizacións polo Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon. En 24 de xaneiro de 2010 recibiu o grao de doutor "honoris causa" da Universidade de Coímbra.
Jorge Sampaio é casado e ten dous fillos. No programa Os Grandes Portugueses, Jorge Sampaio obtivo o 80.º lugar.
| Precedido por Vítor Constâncio |
Secretario-xeral do Partido Socialista 1989 - 1992 |
Sucedido por António Guterres |
| Precedido por Krus Abecassis |
Alcalde de Lisboa 1989 - 1995 |
Sucedido por João Soares |
| Precedido por Mário Soares |
Presidentes da República Portuguesa 1996 - 2006 |
Sucedido por Cavaco Silva |