Servizos de ADSL están dispoñíbeis en Portugal desde o ano 2000, porén só a partir de 2002 é que gañou aceptación por parte do público en xeral, principalmente debido ao aumento da competencia entre provedores do servizo, o que axudou a nivelar os prezos. A penetração no mercado Portugués rolda os 50%, e xa ten virtualmente cobertura en todo o territorio nacional.
Hai varios provedores a ofreceren servizos ADSL, Fibra, TV, Voz, entre outros en Portugal, tanto ao mercado residencial como ao mercado profesional. A maioría do mercado residencial é partillado entre os dous maiores operadores: Portugal Telecom e Sonae.
Táboa de contido |
Antigo monopolio, a Portugal Telecom aínda é a maior compañía de telecomunicacións actualmente no país. Debido ao seu anterior monopolio as súas infraestruturas cobren todo o territorio nacional, facendo da empresa o único operador que pode ofrecer servizos directos en calquera punto do país. A Portugal Telecom usa marcas distintas no seu servizo ADSL, como o SAPO para o mercado residencial, e a Telepac para o pequeno mercado empresarial, entre outras. En novembro de 2006 a Portugal Telecom anunciou o seu servizo ADSL2+, adicionando máis 24 Mbit/s de velocidade á súa oferta de mercado e alcanzando efectivamente a súa concorrente Sonae que xa estaba a ofrecer aumentos de velocidade ADSL+2 hai varios meses.
A Sonae comezou a operar en 1999 , pouco tempo tras o goberno ter aberto o mercado de telecomunicacións á competencia. A compañía comezou por alugar as liñas á Portugal Telecom para poder anunciar os seus servizos ao público, mais á présa comezou a construír as súas propias infraestruturas e pode agora ofrecer servizo directo ás principais áreas metropolitanas. A Sonae tamén usa distintas marcas para providenciar os seus servizos, que inclúen: o Clix para o mercado residencial e a Novis para o mercado profesional. Aproveitándose do aumento de largura de banda providenciado pola súa rede ADSL2+, a Sonae anunciou en xuño de 2006 o lanzamento do seu servizo IPTV, apelidado de SmarTV , permitindo á empresa ofrecer o chamado servizo Triple play a clientes en áreas selectas.
Outros operadores ADSL en Portugal
Provedores de servizo por cabo
Provedores de servizo por fibra
Provedores de servizo móbil