Industria é toda actividadehumana que, a través do traballo, transforma materia-prima noutros produtos, que axiña poden ser, ou non, comercializados. De acordo coa tecnoloxía empregada na produción e a cantidade de capital necesaria, a actividade industrial pode ser artesanal, manufactureira ou fabril.
O proceso de produción industrial é tamén coñecido como sector secundario, en oposición á agricultura (sector primario) e ao comercio e servizos (sector terciário), de acordo coa posición que cada actividade normalmente está na cadea de produción e consumo. Hoxe en día o proceso industrial é capitaneado polas multinacionais.
Tamén se pode usar o termo industria, xenericamente, para calquera grupo de empresas que comparten un método común de xerar dividendos, aínda que non sexan necesariamente do segundo sector, tales como a industria bancaria ou mesmo a agroindústria.
É toda industria que traballa con materia-prima bruta transformándoa en materia-prima para outras industrias. Exemplo: industria siderúrgica e petroquímica.
Transforma materia-prima bruta noutro tipo de materia-prima e son aquelas que producen máquinas para outras industrias. Ex.: fábricas de tornos (Equipo industrias mecánicas).
É aquela que produce produtos, volto ao gran mercado consumidor (poboación en xeral). Ex.: Industria téxtil, Industria alimentar. A industria de bens de consumo aparece como industria leve.
krc:Промышленностьmhr:Йӧнозанлыкmwl:Andústria