Hora
-
A hora (símbolo: h) é unha unidade de medida de tempo que ten por base a velocidade de rotação e as dimensións da terra.
Na convención moderna unha hora é equivalente a 60 minutos ou 3600 segundos. Iso é aproximadamente 1/24 (un vinte e catro avos) dun día da Terra.
A hora foi orixinalmente definida no Egito como 1/24 (un vinte e catro avos) dun día, baseado no sistema de numeração duodecimal.
Non é unha unidade do Sistema Internacional de Unidades.
Historia
A hora foi definida orixinalmente polas civilizacións antigas (incluíndo o Egito, Suméria, India e China) tanto como un doce avos do tempo entre o nacer e o pór-do-sol ou como un vinte e catro avos dun día. En ambos os casos a división refletia o amplo uso do sistema de numeração duodecimal e do costume de manter o padrão entre distintos grupos de información (12 meses, 12 signos do zodíaco, 12 puntos principais no compasso, unha ducia).
Distintas definicións antigas de hora:
- Un doce avos de tempo do nacer ao pór-do-sol. Como consecuencia, as horas no verão eran máis longas que as horas no inverno, e variaban tamén de acordo coa latitude. Os romanos, gregos e as civilizacións antigas da China e Xapón usaban esa definición.
- Un vinte e catro avos do día solar aparente (entre un mediodía e o seguinte ou entre un pór-do-sol e o outro). Como consecuencia as horas variaban un pouco, pois a duración dun día varía ao longo do ano.
- Un vinte e catro avos da representación do día solar.
Conta das horas
Ao longo dos séculos distintos formas de contar as horas foron utilizadas.
- Nas sociedades da Antiguidade e da Idade Media, nas cales a división entre o día e a noite importaba máis do que en sociedades afeitas co uso da luz artificial, a conta das horas comezaba co nacer do Sol. Este marcaba o inicio da primeira hora, o pór-do-sol ocorría ao final da décima segunda hora. Con iso a duración das horas variaba de acordo coa estación.
- O chamado tempo italiano a primeira hora inicia co pór-do-sol. As horas eran numeradas de 1 a 24. Esa forma de contar as horas posuía a vantaxe de mostrar facilmente cantas horas aínda restaban sen a necesidade do uso de luz artificial. Foi introducida na Italia durante o século XIV e foi de uso común até o medio do século XVIII, ou mesmo até o medio do século XIX nalgunhas rexións.
- No reloxo de 12 horas, a conta das horas comeza á medianoite e reinicia polo medio-día. As horas son numeradas de 1 a 12.
- No reloxo de 24 horas a conta das horas comeza á medianoite e as horas son numeradas de 0 a 23.
- A conta das horas aínda varía nalgunhas aldeas de Portugal. Cunha dimensión temporal variavel, cada hora pode ter 4, 8, 12 horas dependendo do que é defenido en cada aldea. A conta das horas solares é feita cando a sombra atinxe correctos locais como penedos ou cruceiros. A conta das horas está asociada ao deber de ceder ou desviar a auga comunitaria e acender o forno do pobo.
- Na Francia, durante o período da Revolución Francesa, a partir de 22 de setembro de 1792, indo até 1805, foi utilizado o Calendario Revolucionario Francés, o cal, de entre amplas modificacións na conta de tempo, definiu que o día se dividiría en 10 (dez) "horas", cada hora en cen "minutos", cada minuto en cen "segundos". Esa división do día, porén, xamais foi considerada polos franceses, sendo abolida oficialmente en 1795.
Ver tamén
Conexións externas