| Herpestidae | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cynictis penicillata
|
||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||
|
||||||||||
|
|
||||||||||
|
|
Herpestidae é unha familia de mamíferos da orde Carnivora que inclúe os mangustos e suricatas, entre outros animais. O grupo inclúe cerca de 40 especies, a maioría das cales nativas de África . Os herpestídeos ocupan unha grande variedade de habitats, desde bosques tropicais a desertos. Até 1993 os herpestídeos foron clasificados na familia Viverridae.
Os herpestídeos son carnívoros de pequeno porte, con 1 a 5 kg de peso e 20 a 75 cm de lonxitude. San animais longos e alongados de patas curtas e cauda longa. A cabeza é relativamente pequena con orellas triangulares e pontiagudas. O fociño é afilado e triangular e é contíguo ao resto do crânio, por oposición aos viverrídeos que teñen o fociño ben demarcado. Os ollos son relativamente grandes e presentan unha pupila ovalada e horizontal. A maioría das especies é uniformente acastanhada, mais outras teñen riscas.
Os herpestídeos teñen entre 32 a 40 dentes ponteagudos e pouco especializados. Esta dentição é adaptada a unha alimentación diversificada, baseada en insectos , pequenos mamíferos, répteis e aves, ovos, raíces, froitos e bagas. Algunhas especies de mangusto son coñecidas pola súa facilidade en matar cobras velenosas. A tradición popular que di que son imunes ao veleno está errada: os mangustos cazan as cobras sen seren mordidos porque son extremamente rápidos. Algunhas especies son arborícolas, mais a maioría prefire habitar o solo. Os herpestídeos teñen hábitos sociais moi variados, desde os suricatas que viven en grupos numerosos a especies de modo de vida solitario.