D. Henrique de Borgonha (1066 — Astorga, 24 de abril de 1112 ) foi conde de Portucale desde 1093 até á súa morte. En Portugal é coñecido, xeralmente, por Conde D. Henrique.
Pertencía á familia ducal da Borgonha, sendo fillo de Henrique , herdeiro do duque Roberto I con Beatriz ou Asubía de Barcelona, e irmán dos tamén duques Odo I e Hugo I.
Sendo un fillo máis novo, D. Henrique tiña poucas posibilidades de alcanzar fortuna e títulos por herdanza , tendo por iso adherido á Reconquista da Península Ibérica. Axudou o rei Afonso VI de León e Castela a conquistar o Reino da Galiza, recibindo como recompensa polos seus servizos casamento coa filla ilexítima do monarca, Teresa de León.
Algúns anos máis tarde, en 1096 , D. Henrique recibiu de Afonso VIN o Condado Portucalense, que pasaba a lle prestar vassalagem directa. O rei de León e Castela pretendería así limitar o poder do conde Raimundo de Borgonha, casado con Urraca de León e Castela.
Henrique morreu a 24 de abril de 1112 , sendo sepultado na Sé de Braga. Tivera varios fillos con Teresa, mais só o máis novo sobreviviu á infancia: D. Afonso Henriques, que sucedeu ao pai e se tornou no segundo conde de Portucale en 1112 .
No entanto, o mozo D. Afonso Henriques pretendía ser máis do que conde; en 1128 rebelouse contra a súa nai, que pretendía manterse no goberno do condado. Por iso, en 1139 Afonso reafirmouse independente de León e proclamouse 1.º Rei de Portugal, recibindo o recoñecemento oficial de León e Castela en 1143 , e a de o papado en 1179 .
Do seu casamento con Teresa de León naceron:
| Precedido por --- |
Conde de Portucale 1096 - 1112 |
Sucedido por Teresa de León |