| Cronoloxía da Guerra Fantástica |
| Data |
Evento |
| 16 de marzo de 1762. |
Os embaixadores de Francia e España entregan ao Goberno portugués unha "pro-memoria" esixindo que Portugal adherise ao Pacto de Familia dos Bourbons, asinado en 1761, e excluíse dos seus portos os navíos dos británicos e seus aliados en troco de protección dos seus dominios ultramarinos. |
| 20 de marzo de 1762. |
O Goberno portugués, pola voz de D. Luís da Cunha Manuel, entón Secretario de Estado dos Negocios Estranxeiros e da Guerra, rexeita a oferta de cooperación dos dous países na defensa dos dominios ultramarinos portugueses, efectivamente rexeitando a adhesión ao Pacto de Familia. |
| 1 de abril de 1762. |
En novo "pro-memoria" os embaixadores de Francia e España esixen ao Goberno portugués a participación de Portugal na guerra contra a Gran Bretaña, informando que as tropas españolas invadirán o territorio portugués caso Portugal non impida a utilización dos portos portugueses polos navíos británicos. |
| 5 de abril de 1762. |
O Goberno portugués rexeita colaborar coa Francia e a España na guerra contra a Gran Bretaña. |
| 16 de abril de 1762. |
Tendo en conta que desde 1754 o Exército Portugués estaba reducido a metade dos seus efectivos regulamentarios, o marqués de Pombal manda aumentar os efectivos dos regimentos de infantaria, cavalaria e artillaría. |
| 23 de abril de 1762. |
Os embaixadores de Francia e España entregan ao Goberno portugués un terceiro e último "pro-memoria", en estilo de ultimato, esixindo o fecho dos portos aos británicos e seus aliados. |
| 25 de abril de 1762. |
Portugal responde negativamente ao ultimato, na práctica tornando inevitábel a guerra. |
| 27 de abril de 1762. |
Os embaixadores de Francia e España abandonan Lisboa. |
| 30 de abril de 1762. |
O comandante das forzas españolas concentradas arredor de Zamora , o xeneral Nicolás de Carvajal y Lancaster, marqués de Sarriá, divulga unha proclamação aos portugueses, afirmando que a invasión de Portugal tiña por obxectivo o beneficio dos portugueses. |
| 5 de maio de 1762. |
As forzas españolas entran en Portugal pola fronteira de Tras-os-Montes e diríxense para Miranda do Douro, que é cercada. |
| 6 de maio de 1762. |
Desembarcan en Lisboa forzas auxiliares británicas, so o comando do xeneral George Townshend, despois visconde e marqués Townshend. |
| 8 de maio de 1762. |
A explosión dun paiol durante un bombardeamento provoca 400 mortos en Miranda do Douro, levando á rendição da praza, que ese día é ocupada polo exército español. |
| 16 de maio de 1762. |
A cidade de Bragança réndese e é ocupada polo exército español. |
| 18 de maio de 1762. |
Perante a consumación da invasión, Portugal declara a guerra á Francia e á España. |
| 21 de maio de 1762. |
A cidade de Chaves é ocupada polo exército español. |
| 15 de xuño de 1762. |
España declara guerra a Portugal e é suspensa a publicación da Gazeta de Lisboa. |
| 3 de xullo de 1762. |
Por indicación británica, chega a Lisboa Friedrich Wilhelm Ernst zu Schaumburg-Lippe, o conde de Lippe, co obxectivo de comandar o exército luso-británico. |
| 10 de xullo de 1762. |
Friedrich Wilhelm Ernst zu Schaumburg-Lippe, o conde de Lippe, é nomeado mariscal-xeneral do exército luso-británico. |
| 20 de xullo de 1762. |
Aumentando a internacionalização do conflito, a Francia declara guerra a Portugal. |
| 25 de agosto de 1762. |
Ábrese unha nova fronte coa entrada de forzas españolas pola fronteira das Beiras, que toman a praza de Almeida, na Beira Alta, que é ocupada polo exército español comandado polo marqués de Sarriá. |
| 5 de outubro de 1762. |
Tropas españolas comandadas por D. Pedro de Cevallos, comandante das forzas españolas en Buenos Aires, invaden a Colonia do Sacramento, povoação portuguesa na marxe esquerda do estuario do río da Prata. |
| 29 de outubro de 1762. |
A Colonia do Sacramento réndese e é ocupada por forzas españolas. |
| 3 de novembro de 1762. |
É asinado en Fontainebleau un tratado de paz provisional entre os reinos de Portugal, Gran Bretaña, Francia e España. |
| 1 de decembro de 1762. |
Asinado un armistício entre os exércitos luso-británico e franco-español comandados, respectivamente, polo Conde de Lippe e polo xeneral Pedro Pablo Abarca de Bolea, Conde de Aranda. |
| 25 de xaneiro de 1763. |
O rei D. José I de Portugal concede ao Conde de Lippe o dereito ao uso do tratamento de Alteza en recompensa polos servizos prestados durante a guerra. |
| 10 de febreiro de 1763. |
Asinado en París un tratado de paz (Tratado de Paz de París), polo cal a España restituíu a Portugal as prazas de Chaves e Almeida e a Colonia do Sacramento no estuario do Río da Prata. |
| 25 de febreiro de 1763. |
O tratado de paz é ratificado polo rei D. José I de Portugal. |
| 25 de marzo de 1763. |
Proclamada en Lisboa a paz entre os Reinos de Portugal, España e Francia. |