O Golfo do México é o maior golfo do mundo, sendo cercado por terras da América e da América Central. Ten unha superficie de aproximadamente 1 550 000 km², seu subsolo é rico en petróleo.
A costa sur do golfo banha o México (especificamente, os estados de Tamaulipas , Veracruz, Tabasco, Campeche, Iucatão, e Quintana Roo); as costas oriental, norte e noroeste banham os Estados Unidos da América (especificamente, os estados da Florida, Alabama, Mississippi, Louisiana e Texas); e a costa sueste banha Cuba. O Golfo do México se conecta ao Océano Atlântico a través do Estreito da Florida, localizado entre os EUA e Cuba, e ao Mar do Caribe a través da Canle de Yucatán, localizado entre o México e Cuba.
(Nota: No uso cotián, polo menos nos EUA, o termo "Costa do Golfo" xeralmente se refire a 1) a porción de costa entre Cape Sable, Florida, e Brownsville, Texas, ou 2) a porción de costa entre Cape Sable, Florida, e o extremo norte da Península de Yucatán. Ambos os significados exclúen Cuba ben como algunhas illas da Florida).
Da área do Golfo do México, o terzo máis ao sur localízase na zona tropical. Do golfo se orixina a Corrente do Golfo, unha corrente de augas quentes que atravesa o Océano Atlântico, sendo unha das máis fortes correntes oceânicas coñecidas. O golfo tamén foi moitas veces visitado por poderosos furacáns, algúns dos cales responsábeis por gran número de mortes e destrución.
A baía de Campeche (México) é maior baía do golfo. Alén dela a costa do golfo posúe moitas baías e desembocadouros. Un gran número de ríos deságuam no golfo, de entre os cales o máis notábel é Río Mississippi. A terra que forma a costa do golfo, inclusive moitas illas de sedimentação, é case uniformemente baixa e caracterizada por pantanos e terras bastante húmidas ben como extensións arenosas.
A plataforma continental é bastante larga en case todos os puntos da costa. Contén petróleo nalgúns puntos (principalmente a oeste), que é extraído a través de plataformas marítimas. Outra actividade comercial importante é a pesca, de peixes e crustáceos. Ao longo da costa existe aínda a produción de navíos, industrias petroquímicas e de almacenamento de óleo, fábricas de papel e forte actividade turística, na década de 1940 0 golfo o México era usado como escudo dos EUA contra a URSS. Tras a revolución de 1932, moitos conflitos foron trabados polo petróleo no golfo.
Entre as cidades costeiras inclúense: Tapa, Pensacola, Nova Orleans, Houston (nos EUA) , Veracruz, Mérida (no México), e A Habana (en Cuba).
A área costeira do golfo foi primeiro colonizada por grupos indíxenas norteamericanos, incluíndo aqueles que representaban culturas avanzadas do México. Durante a colonización europea, a rexión tornouse escenario dunha contenda entre a España, Francia e Inglaterra. Hoxe en día, a cultura da rexión é predominantemente hispano-americana e anglo-americana.
ckb:کەنداوی مێکسیک