O goberno é "a organización, que é a autoridade gobernante dunha unidade política"[1], "o poder de regrar unha sociedade política"[2] e o aparato polo cal o corpo gobernante funciona e exerce autoridade[2]. Goberno non implica necesariamente a existencia de estado como no caso dos Trobriandeses estudados por Bronislaw Malinowski.
Estados de tamaños variados poden ter varios niveis de goberno: local, rexional e nacional.
O goberno é usualmente utilizado para designar a instancia máxima de administración executiva, xeralmente recoñecida como o liderado dun Estado ou unha nación. Normalmente chámase o goberno ou despacho ao conxunto dos dirixentes executivos do Estado, ou ministros (por iso, tamén se chama Consello de Ministros). Poren, existen países como o Reino Unido que ten Xefe de Estado e Xefe de Goberno respectivamente a Raíña Elizabeth II e o Primeiro Ministro Gordon Brown. Neste caso a raíña é xefe de estado de diversos países membros da Commonwealth
A forma ou réxime de goberno pode ser República ou Monarquía, e o sistema de goberno pode ser Parlamentarismo, Presidencialismo, Constitucionalismo ou Absolutismo. Unha nación sen Goberno é clasificada como anárquica. Ver máis en Política .
Pódese dicir que forma de goberno é un concepto que se refire á maneira como se dá a institución do poder na sociedade e como se dá a relación entre gobernantes e gobernados.
Sistema de goberno, por outro lado, non se confunde coa forma de goberno, pois este termo refírese ao modo como se relacionan os poderes.
|
██ Repúblicas presidencialistas totais. ██ Repúblicas presidencialistas ligadas ██ Repúblicas semipresidencialistas. ██ Monarquías parlamentarios constitucionais en que o monarca non exerce poder persoal. |
██ Monarquías parlamentarios constitucionais en que o monarca exerce poder persoal (moitas veces ao lado dun parlamento feble). ██ Países que non se encaixam en ningún dos sistemas enriba. |
krc:Правительствоmwl:Goberno