| Galliformes | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Arquivo:Lightmatter peacock.jpg |
||||||||
| Clasificación científica | ||||||||
|
||||||||
|
|
||||||||
Os galináceos (Galliformes) constitúen unha orde de aves moi diversa que integra 61 xéneros e 215 especies, que inclúe animais domésticos como a galiña ou o pavo e especies cinegéticas como as perdizes e faisões. As aves galiformes teñen distribución cosmopolita e ocupan unha enorme variedade de habitats.
Táboa de contido |
Os galináceos son aves de pequeno a medio porte, pesando entre cerca de 250 g até 10 kg, robustas e con ás pequenas e arredondadas. A súa plumagem é bastante variada, podendo ser baça ou moi colorada. Moitas especies presentan ornamentação na cabeza, que pode incluír papos e cristas coloradas. O dimorfismo sexual é común e nalgumas especies pode ser extremo. O tamaño e tipo de cauda é tamén bastante diverso no grupo, variando entre a case inexistencia a cerca dun metro de lonxitude no caso do pavão.
As estratexias de reprodución dos galiformes son bastante variadas e adaptadas aos ecossistemas ocupados por cada especie. Os galináceos poden ser tanto migratórios como sedentários, solitarios ou gregários. En especies que viven socialmente, os grupos mostran unha estrutura social hierarquizada.
Os galináceos son aves omnívoras, que se alimentan de pequenos invertebrados e material vegetal. A nivel ecolóxico, teñen importancia como dispersores de sementes e fonte de alimento para diversos grupos de predadores, como aves de rapina, serpentes, e carnívoros de pequeno porte. Para o Home, as especies domesticadas de galináceos son de enorme importancia económica como fonte de carne e ovos para consumo humano.
O IUCN alista 107 especies de galináceos como ameazadas, principalmente debido a perda de habitat natural e caza ilegal.
De acordo coa clasificación seguida polo Congreso Ornitológico Internacional, a orde Galliformes divides en 5 familias - Cracidae, Megapodiidae, Phasianidae, Numididae e Odontophoridae[1].
A remodelación taxonómica proposta Sibley-Ahlquist afectaría a orde Galiformes de varias formas. As familias Cracidae e Megapodiidae serían separadas e clasificadas nunha orde á parte (Craciformes). As restantes familias de Galliformes serían condensadas en só 3: Phasianidae, Numididae e Odontophoridae.
ace:Manok