António Maria de Fontes Pereira de Melo (Lisboa, 8 de setembro de 1819 — Lisboa, 22 de xaneiro de 1887 ) foi un dos principais políticos portugueses da segunda metade do século XIX. Era fillo de João de Fontes Pereira de Melo que foi governador de Cabo Verde por dúas veces. António Maria nunca foi governador de Cabo Verde mais foi elixido deputado polas illas, o que foi o primeiro paso para unha brillante carreira política.
Despois dun período de axitación política que marcou a primeira metade do século XIX, tivo inicio en 1851 unha nova etapa da monarquía constitucional portuguesa.
Ese período foi chamado de Rexeneración , pois os gobernos tentaron recuperar o atraso en que Portugal vivía en relación a outros países da Europa, a través da modernización da administración e do desenvolvemento económico do país. No primeiro goberno da Rexeneración foi creado un novo ministerio, o das Obras Públicas, do cal Fontes Pereira Melo se encargou.
Fontes Pereira de Melo aumentou o número de estradas, construíu o primeiro treito dos camiños-de-ferro, que ligaba Lisboa ao Cargado, iniciou a construción doutros dous camiños-de-ferro (Vendas Novas e Sintra) e montou a primeira liña telegráfica.
Alén desas obras, iniciou a revolución dos transportes e das comunicacións inaugurando carreiras regulares de barcos a vapor, os servizos postais e as redes telefónicas.
A súa promoción das obras públicas ficou coñecida como o fontismo.
| Precedido por Duque d'Ávila e Bolama |
Primeiros-ministros de Portugal 1871 - 1877 (1.ª vez) |
Sucedido por Duque d'Ávila e Bolama |
| Precedido por Duque d'Ávila e Bolama |
Primeiros-ministros de Portugal 1878 - 1879 (2.ª vez) |
Sucedido por Anselmo José Braamcamp |
| Precedido por Rodrigues Sampaio |
Primeiros-ministros de Portugal 1881 - 1886 (3.ª vez) |
Sucedido por Luciano de Castro |