| FHM | |
|---|---|
| Masculina |
|
| Frecuencia | Mensual |
| Primeira edición | abril de 2005. |
| Última edición Data Número |
{{#se:|{{{última edición}}}{{#se:| {{{último número}}}}} }} |
| País | |
| Sitio oficial | www.fhm.pt |
A FHM (For Him Magazine) é unha revista mensual internacional que se dirixe ao público masculino. En Portugal é editada pola Impresa Publishing (ex-Edimpresa). A publicación conta con sesións fotográficas, entrevistas e artigos sobre deporte, automobilismo, informática, gadgets, lifestyle, etc. Para a revista posan modelos, actrices e outras personalidades. O primeiro director da publicación foi Pedro Boucherie Mendes. Actualmente a revista é dirixida por João Godinho. Diogo Madeira é o editor e Basílio dos Santos o Coordinador de Redacción. O equipo de redacción é completada por, José Mascarenhas (Xornalista), Manuel Damião (Editor de Moda) e André Athayde Alves (colaborador).
A revista conta aínda con crónicas mensuais de Joel Neto, Sissi e Nilton.
En marzo de 2008 a revista sorprendeu ao presentar unha contra-capa cun home, nunha edición especial de moda primavera/verán 2008. O escollido foi o ex-futbolista Ricardo Sá Pito. Na edición especial outono/inverno a capa masculina foi atríbuida ao tamén ex-xogador João Vieira Pito. Xa en 2009, o escollido para a edición primavera/verán foi o surfista Tiago "Saca" Pires.