|
||||||||||
O Exército Portugués é o ramo terrestre das Forzas Armadas Portuguesas, encargado - en conxunto cos outros ramos - da defensa militar da Nación.
A Historia do Exército Portugués está directamente ligada á Historia de Portugal, desde a súa primeira hora. As forzas terrestres estiveron presentes na loita dos portugueses pola súa independencia contra leoneses e musulmáns o século XII, contra os invasores casteláns o século XIV, contra os ocupantes españois o século XVII e contra os invasores franceses o século XIX. Participaron aínda nas campañas portuguesas no ultramar e exterior, desde o século XV, na África, Asia, América, Oceanía e Europa. O século XX destácase a participación do Exército Portugués na Primeira Guerra Mundial, en Francia e África e a Guerra do Ultramar de 1961 a 1975 en Angola , India, Mozambique, Guinea e Timor. O século XXI é de destacar a intervención do Exército Portugués nas diversas misións de apoio á paz en que Portugal ten participado (Bosnia, Timor-Leste, Kósovo, Macedónia, Afganistán, Líbano etc.) .
Táboa de contido |
O Exército Portugués encóntrase en fase de profunda reorganização definida pola nova Lei Orgánica do Exército Portugués (Decreto-Lei nº61/2006 de 21 de marzo), que substituíu a lei homóloga de 1993.
O obxectivo principal da nova orgánica sería o de facer pasar o Exército Portugués dunha organización territorial baseada no servizo militar obrigatorio para unha organización operacional baseada en militares profesionais. Tras esa intención foron imeditamente extinguidas as rexións militares do Norte, Sur e Lisboa (Goberno Militar de Lisboa). As outras alteracións irán ser realizadas progresivamente até que o Exército pase completamente da estrutura definida pola Lei Orgánica de 1993 para a definida pola Lei Orgánica actual.
Na práctica o Exército continuará a basearse nunha organización territorial "disfrazada" xa que son mantidas as unidades territoriais (mais agora chamadas unidades de estrutura base) e as Grandes Unidades asumen as funcións semellantes ás dos comandos territoriais e de natureza territorial extinguidos. Coa nova organización a operacionalidade do Exército até poderá vir a ser diminuida. Un exemplo disto é a transformación da actual Brigada Aerotransportada Independente, que era unha gran unidade operacional integrando armas combinadas, apoio de combate e apoio de servizos, na nova Brigada de Reacción Rápida que pasará a ser unha especie de agrupación administrativa de tropas especiais (paraquedistas, comandos e operacións especiais) sen capacidade de actuar de forma integrada.
Algunhas das alteracións máis significativas na nova estrutura do Exército serán:
O Exército Portugués, comandado polo Xefe do Estado-Maior do Exército, ten unha estrutra de comando superior constituída por:
Do Comando Operacional depende a Forza Operacional Permanente do Exército constituída polas seguintes grandes unidades operacionais e pola Forza de Apoio Xeral:
Obs.: A pesar de dependeren administrativamente do Comando Operacional do Exército, as Zonas Militares dependendem operacionalmente dos Comandos Operacionais (conxuntos) dos Azores e da Madeira.
Dependentes dos varios comandos e grandes unidades, o Exército Portugués engloba diversas unidades da Estrutura Base do Exército, anteriormente denominadas unidades territoriais. As unidades da Estrutura Base do Exército son bases e centros de instrución, destinados a organizar, adestrar e manter as unidades operacionais compoñentes das grandes unidades, zonas militares e forzas de apoio xeral. Por razóns históricas, a maioría das unidades da Estrura Base do Exército está asociada a unha Arma ou Servizo e posúe a designación de regimento . Por dependencias as unidades da EBE son:
Na dependencia directa do Comando Operacional:
Na dependencia da Zona Militar dos Azores:
Na dependencia da Zona Militar da Madeira:
Na dependencia da Brigada Mecanizada:
Na dependencia da Brigada de Intervención:
Na dependencia da Brigada de Reacción Rápida:
Na dependencia das Forzas de Apoio Xeral:
Pola nova orgánica do Exército, foron ou serán extinguidas as seguintes unidades:
Os militares do Exército Portugués están divididos por especialidades xenericamente denominadas por "Corpo de Oficiais Xenerais, Armas e Servizos". Cada especialidade corresponde a un cadro de persoal. As especialidades das armas son normalmente as correspondentes a funcións combatentes e os seus oficiais son os únicos que poden ascender ao postos de xeneral e tenente-xeneral e consecuentemente exercer os comandos que están reservados a estes postos. As especialidades dos servizos son normalmente funcións loxísticas. Existen aínda os cadros técnicos constituídos por oficiais técnicos con orixe na categoría de sargentos , e os Cadros de Bandas e Fanfarras.
| Oficiais xenerais | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Mariscal | Xeneral | Tenente-xeneral | Major-xeneral | Brigadeiro-xeneral | ||||||
| OF-10 | OF-9 | OF-8 | OF-7 | OF-6 | ||||||
| Oficiais superiores | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Coronel | Tenente-coronel | Major | ||||||||
| OF-5 | OF-4 | OF-3 | ||||||||
| Capitáns e Oficias subalternos | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Capitán | Tenente | Alferes | Aspirante | |||||||
| OF-2 | OF-1 | OF-1 | OF-D | |||||||
| Sargentos | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Sargento-mor | Sargento-xefe | Sargento-ajudante | Primeiro-sargento | Segundo-sargento | Furriel | Segundo-furriel | ||||
| OR-9 | OR-8 | OR-7 | OR-6 | OR-5 | OR-5 | OR-5 | ||||
| Prazas | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Cabo-adxunto | Primeiro-cabo | Segundo-cabo | Soldado | |||||||
| OR-4 | OR-3 | OR-2 | OR-1 | |||||||
|
|
||
|---|---|---|
| Comandante supremo | Presidente da República | |
| Órganos de Estado | Asemblea da República - Goberno - Consello Superior de Defensa Nacional - Consello Superior Militar | |
| Responsábel político | Ministro da Defensa Nacional | |
| Cuartel-xeneral das Forzas Armadas | Estado-Maior Xeneral das Forzas Armadas | |
| Ramos das Forzas Armadas | Mariña - Exército - Forza Aérea | |
| Órganos militares de comando | Xefe do Estado-Maior Xeneral das Forzas Armadas Xefe do Estado-Maior da Armada - Xefe do Estado-Maior do Exército - Xefe do Estado-Maior da Forza Aérea |
|
| Órgano militar de consello | Consello de Xefes de Estado-Maior | |
| Órganos conxuntos das Forzas Armadas | Instituto de Estudos Superiores Militares - Hospital das Forzas Armadas | |
| Corpo especial de tropas | Garda Nacional Republicana | |