Duarte Lobo (?,c.1565–24 de setembro de 1646 ) foi un compositor portugués da época do Renascimento tardío e Barroco inicial. Foi o máis famoso compositor portugués da súa época. En conxunto con Filipe de Magalhães, Manuel Cardoso, e o Rei D. João IV é considerado un dos músicos da "época dourada" da polifonia portuguesa.
Sábese pouco da súa vida. Naceu en Alcáçovas ou en Lisboa , e sábese que foi alumno de Manuel Mendes en Évora . O seu primeiro traballo foi o de mestre de capela da catedral de Évora; en 1594 era mestre de capela en Lisboa . Ensinou música no Colexio do Claustro da Sé en Lisboa, onde se mantivo polo menos até 1639. Máis tarde dirixiu na capital a capela do Seminario de San Bartolomeu. Asinaba as súas obras como Eduardus Lupus.
Aínda que cronoloxicamente a súa vida se sobreponha á época do Barroco, escribiu, tal como Manuel Cardoso, música esencialmente ao estilo e técnica contrapontística da Renascença, como a de a polifonia de Palestrina , tal como se podería esperar por vivir nunha zona illada das innovacións musicais de Italia e Alemaña. Publicou seis libros de música sacra, incluíndo misas, responsórios, antífonas, magnificats e motetes.
A súa música é altamente atractiva, con forza expressiva, tirando partido das características rítmicas e harmónicas do texto latino, en conformidade coas disposicións do Concílio de Trento.
Encóntranse dispersos por diversas cidades (Coímbra, Évora, Vila Viçosa, Valladolid, Sevilla, Múnic, Londres e Viena) os exemplares de practicamente todo o que da súa obra foi editado en Antuérpia (Plantin, 1602-1639) e en Lisboa (Craesbeck, 1607).