Diu
-
Cidade de Diu (gravura inglesa, 1729).
Igrexa de São Paulo en Diu
Diu (antigamente grafada Dio) é unha cidade e sede de distrito que pertence ao territorio de Damão e Diu, da India. Formou parte do antigo Estado Portugués da India até que, en 1961 , foi anexado pola India.
O territorio de Diu posúe unha área de 40 km2 e sitúase na península india de Guzerate e é composto pola illa de Diu (separada da península polo estreito río Chassis e que máis propiamente pode ser considerado un brazo de mar) e polos pequenos enclaves continentais de Gogolá e Simbor (Pani Kota)[1].
Diu era unha cidade de gran movemento comercial cando os portugueses chegaron á India. En 1513 , tentaron os portugueses estabelecer alí unha feitoria, mais as negociacións non tiveron éxito. En 1531 a tentativa de conquista levada a efecto por D. Nuno da Cunha tampouco foi ben sucedida. No entanto, Diu veu a ser ofrecida aos portugueses en 1535 como recompensa pola axuda militar que estes deron ao sultão Bahadur Xá de Guzerate, contra o Gran-Mogol de Deli . Así, cobizada desde os tempos de Tristão da Cunha e de Afonso de Albuquerque, e despois das tentativas fracasadas de Diogo Lopes de Sequeira, en 1521 , de Nuno da Cunha en 1523 , Diu foi ofrecida aos portugueses, que pronto transformaron a vella fortaleza en castelo portugués.
Arrepentido da súa generosidade, Bahadur Xá pretendeu reaver Diu, mais foi vencido e morto polos portugueses, seguíndose un período de guerra entre estes e a xente do Guzerate que, en 1538 , veu pór cerco a Diu. Coja Sofar, señor da Cambaia, aliado aos turcos de Sulimão Paxá, téndose, entón, deparado coa heróica resistencia de António Silveira. Un segundo cerco será despois imposto a Diu, polo mesmo Coja Sofar, en 1546 , saíndo vencedores os portugueses, comandados en terra por D. João da Silveira e, no mar, por D. João de Castro. Pereceron nesta loita o propio Coja Sofar e D. Fernando de Castro (fillo do vice-rei portugués).
Despois deste segundo cerco, Diu foi de tal modo fortificada que puido resistir, máis tarde, aos ataques dos árabes de Mascate e dos holandeses (nos finais do século XVII). A partir do século XVIII, declinou a importancia estratéxica de Diu, que veu a ficar reducida a museo ou marco histórico da súa grandeza comercial e estratéxica de antigo baluarte nas loitas entre as forzas islámicas do Oriente e as cristiás do Occidente.
Diu permaneceu na posesión dos portugueses desde 1535 até 1961, vindo a caer na posesión das tropas da Unión India, que invadiron todo o antigo Estado Portugués da India, o tempo de Nehru .
Ver tamén
Conexións externas
Notas e referencias
Antigos territorios e colonias do Imperio Portugués  |
| (Principio: 1415; Fin: 1999 ou 2002) |
| Norte de África: |
Aguz (1506-1525) • Alcácer-Ceguer (1458-1550) • Arzila (1471-1550, 1577-1589) • Azamor (1513-1541) • Ceuta (1415-1640) • Mazagão (1485-1550, 1506-1769) • Mogador (1506-1525) • Safim (1488-1541) • Agadir (1505-1769) • Tânger (1471-1662) • Ouadane (1487-mediados do século XVI) |
| África subsariana: |
Acra (1557-1578) • Angola (1575-1975) • Ano Bo (1474-1778) • Arguim (1455-1633) • Cabinda (1883-1975) • Cabo Verde (1642-1975) • San Jorge da Mina (1482-1637) • Fernando Po (1478-1778) • Costa do Ouro (1482-1642) • Guinea Portuguesa (1879-1974) • Melinde (1500-1630) • Mombaça (1593-1698, 1728-1729) • Mozambique (1501-1975) • Quíloa (1505-1512) • Fortaleza de San João Baptista de Ajudá (1680-1961) • San Tomé e Príncipe 1753-1975 • Socotorá (1506-1511) • Zanzibar (1503-1698) • Ziguinchor (1645-1888) |
| Asia Occidental: |
Bahrein (1521-1602) • Ormuz (1515-1622) • Mascate (1515-1650) • Bandar Abbas (1506-1615) |
| Subcontinente indio: |
Ceilão Portugués (1518-1658) • Laquedivas (1498-1545) • Maldivas (1518-1521, 1558-1573) • Baçaim (1535-1739); Bombaim (Mumbai) (1534-1661); Calecute (1512-1525); Cananor (1502-1663); Chaul (1521-1740); Chittagong (1528-1666); Cochim (1500-1663); Cranganor (1536-1662); Dadrá e Nagar-Aveli (1779-1954); Damão (1559-1962); Diu (1535-1962); Goa (1510-1962); Hughli (1579-1632); Nagapattinam (1507-1657); Paliacate (1518-1619); Coulão (1502-1661); Salsete (1534-1737); Masulipatão (1598-1610); Mangalore (1568-1659); Surate (1540-1612); Thoothukudi (1548-1658); San Tomé de Meliapor (1523-1662; 1687-1749) |
| Asia Oriental e Oceanía: |
Bante (séc. XVI-XVIII) • Flores (século XVI-XIX) • Macau, como establecemento portugués, colonia e provincia ultramarina (1557-1976); como territorio chinés so administración portuguesa (1976-1999) • Macáçar (1512-1665) • Malaca Portuguesa (1511-1641) • Molucas (Amboina 1576-1605, Ternate 1522-1575, Tidore 1578-1650) • Nagasaki (1571-1639) • Timor Portugués (Timor-Leste), como colonia e provincia ultramarina (1642-1975), invadida pola Indonesia, so o nome de Timor Timur (1975-1999), como protectorado (1999-2002) |
| América: |
Terra Nova (1501–1570?) • Labrador (1501-1570?) Nova Escocia (1519–1570?) |
| América Central e do Sur: |
Brasil (1500-1822) • Barbados (1536-1620) • Provincia Cisplatina (1808-1822) • Güiana Francesa (1809-1817) • Colonia do Sacramento (1680-1777) • (Colonización do Brasil) |
| Madeira e Azores |
Estes dous arquipélagos, localizados no Atlântico Norte, foron colonizados polos portugueses no inicio do século XV e formaron parte do Imperio Portugués até 1832, cando se tornaron provincias de Portugal. A partir de entón pasaron a ser consideradas como un prolongamento da metrópole europea (as chamadas Illas Adxacentes) e non como colonias. Hoxe son rexións autónomas de Portugal. |