A Declaración de Boloña (19 de xuño de 1999 ) — que desencadeou o denominado Proceso de Boloña — é un documento conxunto asinado polos Ministros da Educación de 29 países europeos, reunidos na cidade italiana de Boloña .
A declaración marca unha mudanza en relación ás políticas ligadas ao ensino superior dos países envolvidos e procura estabelecer unha Área Europea de Ensino Superior a partir do comprometimento dos países asinantes en promover reformas de seus sistemas de ensino.
A declaración recoñece a importancia da educación para o desenvolvemento sustentábel de sociedades tolerantes e democráticas.
Aínda que a Declaración de Boloña non sexa un tratado, os gobernos dos países asinantes comprométense a reorganizar os sistemas de ensino superior dos seus países de acordo cos principios dela constantes.
Táboa de contido |
A declaración visa a toma de accións conxuntas para co ensino superior dos países pertencentes á Unión Europea, co obxectivo principal de elevar a competitividade internacional do sistema europeo do ensino superior. Para asegurar que o sistema europeo do ensino superior consiga adquirir un grao de atracção mundial semellante ao das súas extraordinarias tradicións cultural e científica, delinearam-se os seguintes obxectivos a seren atinxidos na primeira década do terceiro milenio:
Para alén dos 29 asinantes iniciais, adheriron á Declaración de Boloña até á reunión de ministros de Lovaina (2009) máis 18 países Albania, Alemaña, Andorra, Arménia, Azerbaijão, Austria, Bélxica (comunidades flamenga e francófona), Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Cazaquistão, Chipre, Croacia ,Dinamarca, Eslováquia, Eslovénia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Geórgia, Grecia, Hungría, Islandia, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Liechtenstein, Luxemburgo, Macedónia, Malta, Moldávia, Montenegro, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Romanía, Rusia, Santa Sé, Serbia, Suecia, Suíza, Turquía, Reino Unido, República Checa e Ucraína.
O acompanhamento do proceso e o seu desenvolvemento é obxecto de reunións periódicas dos ministros responsábeis polo ensino superior nos países aderentes.
Tiveron lugar reunións en Praga (2001), Berlín (2003), Bergen (2005), Londres (2007), Lovaina (2009) e Budapest e Viena (2010).
A próxima reunión de ministros será realizada en Bucareste , en abril de 2012.
Os últimos meses de 2007 , houben unha onda de insatisfação e protestas de estudantes na España, contra a Declaración de Boloña e a unificación do sistema universitario europeo. Miles de estudantes se manifestaron en Madrid e centenares noutras cidades españolas en 14 de novembro, contra unha reforma que, segundo eles, representa aumento das taxas e mercantilização do ensino, isto é, a adequação dos programas educacionais ás necesidades das empresas. [4]