Consello da Unión Europea |
|
|
|
|
| Formación: | 1952 |
| País presidente: | |
| Presidente: | Carl Bildt |
| Membros: | 27 |
| Partidos Políticos: | Partido Popular Europeo Partido Socialista Europeo Partido Reformista e Democrta Liberal Europeo Partido Demócrata Europeo Movemento para a Reforma Europea Alianza para a Europa das Nacións |
| Local: | Bruxelas |
| Sitio web oficial: | http://www.consilium.europa.eu/ |
O Consello da Unión Europea, ou simplemente Consello constitúe a principal instancia de decisión da Unión Europea. É a expresión das ganas dos Estados-Membros, cuxos representantes se reúnen regularmente a nivel ministerial.
Táboa de contido |
En función das cuestións a analizar, o Consello reúnese en distintas formacións: política externa, economía e finanzas, agricultura, educación, telecomunicacións, etc.
O Consello asume varias funcións esenciais:
A presidencia do Consello da Unión Europea é rotativa entre os membros da Unión Europea.
O secretario-xeral do Consello da Unión Europea é Javier Solana.
O Consello é composto polos ministros nacionais relevantes para o asunto de discusión, con cada ministro representando o goberno nacional. Na votación por maioría calificada, estados distintos teñen pesos distintos con base no voto da poboación. Por exemplo, unha votación pola Alemaña ou a Francia ten un peso de 29 nun total de 345, mentres que un voto do Chipre e da Letonia só tiña un peso de catro votos. A lista completa da votación é mostrada abaixo:
|
A Presidencia do Consello da Unión Europea é unha responsabilidade sobre o funcionamento do Consello da Unión Europea, que é rotativo entre os Estados membros da Unión Europea, de seis en seis meses. Non hai un único presidente, mais a tarefa é levada a cabo por todo un goberno nacional, o que, consecuentemente, permite influencie a dirección da política da Unión Europea. Aínda que sexa rotativa de seis en seis meses, a partir de 2007, de tres en tres presidencias irán co-operando nun programa político común.
A proposta do Tratado de Lisboa retoma no esencial as reformas enunciadas da rexeitada Constitución.[1] O corpo sería renomeado, tornándose oficialmente nun Consello de Ministros, cunha separación oficial do Consello Europeo (que se tornará unha institución cun sistema separado da Presidencia). Da nota particular é unha alteración no sistema de votación por maioría dos casos de dobre maioría, a votación por maioría calificada, substituíndo o sistema de votación anterior. As decisións tomadas polo Consello deberán ser tomadas por 55% dos Estados-Membros e 65% da poboación da Unión Europea. Nos termos do Tratado de Lisboa, a implementação deste sistema de votación será adiada para 1 de novembro de 2014.[2]
En termos de configuración do Consello, o feito de existiren distintas configuracións é mencionado por primeira vez nos tratados, mais só dous son mencionados polo nome na Constitución (os outros son acordados polo Consello Europeo), eles son o Consello de Asuntos Xerais e o Consello de Relacións Externas, a división do actual Consello dos Asuntos Xerais e Relacións Externas. Este último non será presidido pola Presidencia, mais polo novo Alto Representante da Unión para os Negocios Estranxeiros e a Política de Seguranza. A Presidencia será realizadas de tres en tres ou de dezaoito en dezaoito meses, feito que está consagrado na Constitución. Alén diso, o Consello é chamado a responder en público.[2] O Ecofin da Eurozona será máis formalizado e elixirá o seu propio Presidente en separado.
En termos formais, o Consello da Unión Europea non é o mesmo que o Consello Europeo. O primeiro é unha reunión a nivel ministerial, mentres que o segundo reúne os xefes de Estado e de goberno. O Consello Europeo non ten funcións lexislativas, mais é alí que as grandes cuestións efectivamente se deciden.
mwl:Cunseilho de la Ounion Ouropeia