Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (abreviada polas iniciais CECA) foi creada en 1951 polo Tratado de París. Este foi o primeiro paso concreto con vista á integración económica e tamén para evitar outra Guerra Mundial[carece de fontes].
Os seus inspiradores foron Robert Schuman, ministro francés dos Negocios Estranxeiros, e Jean Monnet, o seu primeiro presidente. Foron seis os países fundadores: Francia, Italia, Alemaña Occidental, Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo.
A CECA tiña como obxectivo a integración das industrias do carbón e do aceiro dos países europeos occidentais e é tamén a primeira vez que había transferencia dos dereitos de soberanía dalgúns estados para unha institución europea, entre os cales os que estaban sobro control Aliado desde o final da Segunda Guerra Mundial a través da Autoridade Internacional para o Ruhr, que a CECA absorbeu.
Á CECA xuntáronse dúas comunidades semellantes en 1957, con quen se fixo a repartición dalgunhas institucións. En 1967 todas as institucións foron reunidas na Comunidade Económica Europea, que máis tarde se tornaría a Unión Europea, mais retivo a súa identidade independente. En 2002, coa expiração do Tratado de París, e sen desexo de renovación do tratado, todas as actividades e recursos da CECA foron absorbidos pola UE. Durante a súa existencia, a CECA conseguiu crear un mercado común mais non evitou o declínio da industria do carbón e do aceiro.
A súa presidencia foi sucesivamente exercida polas seguintes personalidades:
| 1948 Bruxelas |
1951/52 París |
1957/58 Roma |
1965/67 Bruxelas |
1986/87 AUE |
1992/93 Maastricht (fundación da UE) |
1997/99 Amsterdam |
2001/03 Nice |
2007/09 Lisboa |
|
| Comunidade Europea da Enerxía Atómica (EURATOM) | |||||||||
| Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA) | Unión Europea (EU) | ||||||||
| Comunidade Económica Europea (EEC) | → P I L A R E S → |
Comunidade Europea (CE) | |||||||
| ↑Comunidades Europeas↑ | Xustiza e Asuntos Internos (JAI) | ||||||||
| Cooperación Xudiciaria e Política en Materia Penal (PJCC) | |||||||||
| Cooperación Política Europea (CPE) | Política Externa e de Seguranza Común (PESC) | ||||||||
| Unión da Europa Occidental (UEO) | |||||||||
mwl:Quemunidade Ouropeia de l Carbon i de l Aceiro