Ciclismo é un deporte de carreira de bicicleta cuxo obxectivo dos participantes é chegar primeiro a determinada meta ou cumprir determinado percorrido o menor tempo posíbel.
Foi na Inglaterra, a mediados do século XIX, que o ciclismo iniciouse como deporte, época en que o perfeccionamento do vehículo posibilitou o alcance de maiores velocidades. O ciclismo é rexido por diversas regras. Xeralmente enmárcase en catro categorías: probas en estradas, probas en pistas, probas de montaña (Mountain Bike) e BMX e é practicado con diversos tipos e modelos de bicicletas.
No Mountain Bike existen varias categorías que son divididas en máis ou menos radicais, e son elas: Cross Country, en todo o tipo de terreo, de preferencia no monte, sexa a subir, plano ou a descender; o Free Ride, cunha marcha máis extrema en que se dá preferencia a saltos e baixadas; o Down Hill que é a versión máis extrema e perigosa do MTB que consiste soamente en descender, normalmente a velocidades altas, sendo este practicado tanto no monte ou en cidade (o chamado Downhill urbano ou DHU). En Lisboa, o máis famoso evento desta disciplina é o Lisboa Down Town que se realiza anualmente en maio e que consiste na baixada da encosta do Castelo de San Jorge até ao arco da Red Bull.
O ciclismo é sinónimo de aventura . Independente de campionatos e torneos, é común amigos con intereses afins se reuniren para facer longos paseos de bicicleta, quere no monte ou en estrada aos locais máis inóspitos e salvaxes, regado a moita amizade e solidariedade. O practicante do ciclismo chámase ciclista.
En termos de saúde , o ciclismo é unha actividade rítmica e cíclica, ideal para desenvolvemento dos sistemas de enerxía aeróbico e anaeróbico, dependendo do tipo de adestramento aplicado. Desenvolve o sistema cardiovascular dos practicantes, sendo aínda indicado por médicos especialistas como excelente exercicio para queima de graxa corporal e desenvolvemento de resistencia de forza muscular de pernas , en adestramentos.
O mundo moderno inventou tamén o ciclismo estático, ou sexa, a práctica do ciclismo en bicicletas ergométricas e en locais pechados, casa, academia, club, etc, un exercicio aeróbico alternativo e seguro ideal para individuos que desexan maior seguranza, sustentação e facilidade de manexo do que o ciclismo de estrada ou de pista.
O ciclismo estático é indicado para persoas que presentan determinados tipos de lesións de xeonllos , quadris, columna e que non poden camiñar; embarazadas, anciáns con osteoporose e principalmente obesos.