|
||||
| Patrimonio Mundial — UNESCO | ||||
Centro Histórico de Angra do Heroísmo
|
||||
| Informacións | ||||
|---|---|---|---|---|
| Inscrición: | 1983 | |||
| Localización: | 38º39'18"N 27º13'12"O | |||
| Criterios: | C (iv) (vin) | |||
| Descrición UNESCO: | fr en | |||
O Centro Histórico de Angra do Heroísmo localízase na cidade de mesmo nome, na Illa Terceira, nos Azores. É un conxunto arquitetónico clasificado como patrimonio mundial pola UNESCO.
Táboa de contido |
Esta cidade, situada na illa Terceira, foi un porto de escala obrigatorio desde o século XV até á aparición dos barcos a vapor, o século XIX. As súas imponentes fortificações de San Sebastião e de San João Baptista, construídas hai cerca de 400 anos, son exemplares únicos de arquitectura militar. Execente exemplo dun tipo de construción ou un conxunto arquitectónico, tecnolóxico ou paisaxístico que ilustra un ou máis períodos significativos da historia da humanidade.
Vila desde 1474, Angra foi, históricamente, a primeira cidade europea do Atlântico (1584), implantada a consecuencia da abertura de novos horizontes xeográficos e culturais proporcionada polo ciclo dos Descobrimentos portugueses. Desenvolveuse a partir de seu porto, que se revestiu de gran importancia estratéxica entre os séculos XV e XIX, ilustrando a pasaxe dos modos de vivir e de construír da Idade Media para a modernidade proporcionada polos Descobrimentos e pola Renascença.
Ao longo dos séculos estivo ligada ao mantemento do Imperio Portugués, como escala obrigstória das flotas do Brasil, da África e das Indias.
A cidade foi abalada por un forte terremoto en 1 de xaneiro de 1980 , sendo entón iniciados estudos para a súa restauración e protección.
A clasificación pola UNESCO da zona central de Angra do Heroísmo como Patrimonio da Humanidade xa en 7 de decembro de 1983 - a primeira cidade no país a ser inscrita na lista -, reflete a súa importancia histórica e cultural.
Encóntrase xuridicamente definido polo Decreto da Asemblea Lexislativa Rexional, que a decretou, nos termos da alínea c) do nº 1 do artigo 227º da Constitución Portuguesa, da alínea e) do nº 1 do artigo 31º do Estatuto Político-Administrativo e da Lei nº 107/2001, de 8 de setembro.
O ben inscrito na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO é unha área con cerca de seis quilómetros cadrados. Aproximadamente a metade da mesma é constituída polo centro histórico, mentres que o restante é constituído polo extinguido volcán do Monte Brasil, actualmente un parque forestal con restos da cobertura vegetal orixinal, e que a partir de finais do século XVI foi case que enteiramente cercado por unha extensa liña de fortificações (fortaleza do Monte Brasil).
Polo porto de Angra (hoxe trasladado para Praia da Vitoria, para dar lugar á marina de Angra) pasaron ao longo dos séculos caravelas, naus e galeões que contribuíron para o progreso da cidade e súas xentes, como atestam palacios, conventos, igrexas e fortes.
Non se pode falar de Angra do Heroísmo sen falar da Praza Vella, tamén coñecida como Praza dos Santos Cosme e Damião[1] ou Praza da Restauración. Foi a primeira praza portuguesa proxectada para servir como punto de encontro de dous arruamentos, de acordo cos ideais urbanos do Renascimento. Caracterízase por ser un amplo espazo fronteiro ao edificio do Concello de Angra do Heroísmo, tendo o pavimento marcado por pequenos bloques de pedra de calcário e basalto que forman un mosaico portugués.
A Praza Vella constitúe o centro da cidade por excelência, constituíndose no núcleo a partir do cal se desenvolveron as principais artérias da malla urbana. Ao longo da súa historia coñeceu distintas funcións: mercado de galiñas e gado aos domingos, escenario de carreiras de toiros, escenario de enforcamentos durante as loitas entre liberais e absolutistas. Durante o século XIX, principalmente a partir de 1879 , serviu de escenario á Banda de Cazadores nº 10, aquartelados nos Fortaleza de San João Baptista da Illa Terceira e que, durante máis de medio século tocou música para a cidade de Angra.