José António Carlos de Seixas (Coímbra, 11 de xuño de 1704 — Lisboa, 25 de agosto de 1742 ), compositor e organista portugués.
Táboa de contido |
Fillo de Francisco Vaz e de Marcelina Nunes, Carlos Seixas estudou co pai e cedo o substituíu como organista da Sé de Coímbra, cargo de gran responsabilidade que exerceu durante dous anos. Aos 16 anos partiu para Lisboa, altura en que a corte portuguesa era das máis dispendiosas da Europa. Foi moi solicitado como profesor de música de familias nobres da corte, nomeado organista da Sé Patriarcal e da Capela Real (sendo o Mestre desta Domenico Scarlatti estabeleceron certamente colaboracións proveitosas). Carlos Seixas gozaba da fama de ser músico e profesor excelente. Na capital impúxose como organista, cravista e compositor. Co seu traballo sustentou a muller, que desposara aos 28 anos, e os cinco fillos, dous fillos e tres fillas, e adquiriu algunhas casas nas veciñanzas da Sé. Carlos Seixas morreu a 25 de agosto de 1742, de febre reumática, xa sendo Mestre da Capela Real.
En relación á composición, Carlos Seixas foi un dos maiores compositores portugueses para a música de tecla. Fixo escola en Portugal creando un estilo seu (a pesar da influencia italiana e francesa que se constatan nalgunhas das súas obras) que foi imitado durante algún tempo tras a súa morte.
O século XVIII era esixido aos compositores que a súa música fose fiel aos pensamentos e ideais estéticos do medio. A composición era, de certa forma, limitada a un rol de características previamente definidas, feito que debemos levar en conta cando analizamos a obra dos compositores.
A obra de Seixas é, en gran parte, resultado dos ambientes en que compuxo.Como organista da Capela da Sé Patriarcal tiña a posibilidade de tocar, antes e despois da misa, un fragmento a solo que podería ser unha tocata ou unha sonata (ritual común en todas as catedrais de práctica Católica). Para este efecto, había unha preferencia polas pezas de carácter vistoso e brillante. Noutras partes da cerimonia, o organista podía aínda tocar en alturas que admitisen un solo instrumental. Desta forma, os compositores aproveitaban para dar a coñecer as súas composicións ou improvisações. Por certo que as sonatas de Seixas foron tocadas na Igrexa, polo menos as de carácter relixioso. Carlos Seixas acompañaba ao cravo os saraus de música nos paços reais ou no solar dalgunhas casas nobres. Nestes eventos tiña tamén a oportunidade de tocar como solista, aproveitando, probabelmente, para tocar as súas sonatas compostas co obxectivo de ser recoñecido como concertista e compositor.
Para alén da Capela Real e da Corte, só se dedicaba ao ensino de música. Esta faceta obrigábao a ter material didáctico diversificado, variando de alumno para alumno, consoante o grao e as capacidades de cada un, dos cravos ou clavicórdios que posuían. A pesar de fortemente suxeita a un vasto rol de condicionantes, a obra de Seixas non deixa de parte a calidade e a originalidade do seu estilo persoal.
Nunca se deixou levar polos estilos importados en Portugal, nin deixou que a súa obra se confundise coa dos seus contemporáneos estranxeiros. A presenza do temperamento lusitano é unha constante das súas composicións. A evolución da estrutura bipartida da sonata para tecla, para a estrutura tripartida está presente nas sonatas de Carlos Seixas, sendo unha antecipação da forma da sonata clásica.
Até agora non son coñecidos versos de Seixas. O máis probábel é térense perdido unha vez que é pouco credível que Seixas usase sempre versos alleos nas súas composicións.
Instrumental:
As creacións de Carlos Seixas posúen elegância, leveza, suavidade, inspiración melódica. O seu fraseado é de carácter irregular e assimétrico e a súa linguaxe harmónica é simple. As súas obras encóntranse na Biblioteca Xeral da Universidade de Coímbra, na Biblioteca Nacional de Lisboa e na Biblioteca da Axuda.