Cachupa é un prato típico da gastronomia de Cabo Verde. Distínguese entre Cachupa Rica (elaborada con varios tipos de carne ), e Cachupa Pobre (feita só con peixe ). A distinção entre os tipos de Cachupa ten a ver co feito da Rica conter carne, o que torna o prato máis caro, e só accesíbel á poboación con máis medios.
Para alén da carne ou do peixe, a cachupa é elaborada con feixón e milho estufados, servidos, por veces, separados dos restantes legumes cozidos. Entre estes últimos poden contarse a batata cozida e a banana cozida. A carne e o peixe poden tamén ser servidos en separado, na mesma travessa dos legumes cozidos.
Cando a cachupa é deixada engrossar dun día para o outro e é, despois, quecida e refogada nunha frigideira, o prato resultante é coñecido como cachupa frita ou cachupa refogada.[1][2][3][4]
Esta cachupa pode ser servida como almorzo, con ovo estrelado e linguiça.[5]
É aínda posíbel encontrar a cachupa refogada servida con peixe seco frito.[6]