|
Banco Central Europeo
|
|
|
|
|
| Formación: | 1 de xuño de 1998. |
| Presidente: | Jean-Claude Trichet |
| Banco Central da: | Zona Euro |
| Moeda: ISO 4217 |
Euro EUR |
| Reserva: | €526 billóns |
| Xuros (valor base): | 5% |
| Taxa de depósito de xuro (valor base): | 3% |
| Local: | Frankfurt am Main |
| Sitio web oficial: | ecb.eu |
O Banco Central Europeo (BCE) é o banco central responsábel pola moeda única da Zona Euro e a súa principal misión é preservar o poder de compra do euro, asegurando así a estabilidade de prezos na respetiva zona. A súa sede está localizada na cidade alemá de Frankfurt .
Coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa, o Banco Central tornouse nunha institución da Unión Europea.
Táboa de contido |
O BCE foi fundado en 1 de xuño de 1998 coa adhesión dos once estados membros que cumpriran as condicións necesarias para adoptaren a moeda unica en 1 de xaneiro de 1999 : Portugal, Bélxica, Alemaña, España, Francia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos, Austria e Finlandia.
Estabelece e aplica a política monetaria europea, dirixe as operacións de cambio e garante o bo funcionamento dos sistemas de pagamentos.
O BCE é a institución central da política monetaria da Unión Económica Monetaria (UEM), e o centro do Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC), e os seus obxectivos son:
O organigrama do BCE é formado polo:
Composto polo Presidente, polo Vicepresidente e catro vogal, nomeados de común acordo polo Consello Europeo, con base na recomendación do Consello e previa consulta ao Parlamento e ao Consello do Goberno, entre responsábeis de comprobada experiencia persoal en asuntos monetarios ou bancarios e de recoñecido prestigio.
O seu mandato será de 8 anos e non é renovábel e a sede encóntrase en Frankfurt .
Formado polos membros do Comité executivo e polos governador dos bancos centrais dos países membros.
Este órgano encárgase adoptar as grandes orientacións e de formular a política monetaria única.
As súas votacións necesitan do voto de dous treços dos seus membros, tomándose as decisións por maioría simple, salvo en certos casos estabelecidos nos Estatutos.
O BCE contará de forma transitória cun Consello Xeral en que participan o Presidente, o Vicepresidente e os governador de todos os bancos centrais da EU, incluindos os dos países que non forman parte desta. Poden tamén participar nas reunións deste Consello os restantes membros do Comité Executivo aínda que sen dereito de voto.
O TUE concede ao BCE poder para aplicar regulamentos, recomendacións e directivas, e tamén lexitimidade activa para emprender accións perante o Tribunal de Xustiza.
Hai que recordar que a actuación dos bancos centrais nacionais debe axustarse ás orientacións e instrucións do BCE.
En 1969, os Xefes de Estado Europeos reunidos na Haia deciden estudar o modo de realizar a unión económica e monetaria. Como consecuencia, o ano seguinte, é presentado o informe Werner que avanza propostas para atinxir ese obxectivo.
En 1972, sucedendo ao acordo do Smithsonian Institute que fixa marxes de flutuación do ±2,25% centradas no valor do dólar americano (o túnel), os seis países que constitúen a CEE estabelecen o límite do 2,25% no afastamento entre de máis forte e de máis feble das súas moedas (a serpente monetaria), dando orixe ao gráfico de evolución que ficou coñecido como serpente dentro do túnel.
Durante a década de 1970 a disciplina cambial foise reducindo e en 1978 os países que integraban a CEE decidiron crear o Sistema Monetario Europeo (SME) que entrar a partir de marzo de 1979. As súas principais caracteristícas eran a existencia de taxas de cambio fixas mais axustabades e o ECU - unidade de conta cuxo valor era obtido dunha media ponderada das moedas que integraban o SME.
En 1989, no Consello Europeo de Madrid, é adoptado o informe Delors que propón un plano de tres etapas para a Unión Económica e Monetaria (UEM).
En 1991 é asinado, en Maastricht, o Tratado sobre a UEM que consagra as tres etapas do plano Delors:
En 1969, os Xefes de Estado Europeos reunidos na Haia deciden estudar o modo de realizar a unión económica e monetaria. Como consecuencia, o ano seguinte, é presentado o informe Werner que avanza propostas para atinxir ese obxectivo.
En 1972, sucedendo ao acordo do Smithsonian Institute que fixa marxes de flutuación do ±2,25% centradas no valor do dólar americano (o túnel), os seis países que constitúen a CEE estabelecen o límite do 2,25% no afastamento entre de máis forte e de máis feble das súas moedas (a serpente monetaria), dando orixe ao gráfico de evolución que ficou coñecido como serpente dentro do túnel.
Durante a década de 1970 a disciplina cambial foise reducindo e en 1978 os países que integraban a CEE decidiron crear o Sistema Monetario Europeo (SME) que entrar a partir de marzo de 1979. As súas principais caracteristícas eran a existencia de taxas de cambio fixas mais axustabades e o ECU - unidade de conta cuxo valor era obtido dunha media ponderada das moedas que integraban o SME.
En 1989, no Consello Europeo de Madrid , é adoptado o informe Delors que propón un plano de tres etapas para a Unión Económica e Monetaria (UEM).
En 1991 é asinado, en Maastricht , o Tratado sobre a UEM que consagra as tres etapas do plano Delors:
mwl:Banco Central Ouropeu