A axuda humanitaria é unha forma de solidariedade ou cooperación, xeralmente destinada ás poboacións pobres, ou as que teñen sufrido unha crise humanitaria, como a provocada por unha catástrofe natural ou unha guerra.
Esta forma de axuda responde ás necesidades básicas ou de urxencia: fame, saúde, reconstrución das infraestruturas debido a algún desastre, educación, educación popular, protección ao neno e poboacións desfavorecidas, construción ou saneamento das redes de auga, construción das redes de comunicación, etc. Normalmente a axuda humanitaria se distingue na urxencia e nas necesidades de cada país.
Esta axuda pode ser económica ou material: doazón de materiais e equipamentos de primeira necesidade e envío de profesionais para traballo voluntario directamente a rexión afectada.
A axuda humanitaria pode provir de: