Artur Pizarro (Lisboa, 1968) é un pianista portugués de prestixio internacional.[1]
Aos tres anos, iniciou seus estudos de piano en Lisboa, con Campos Coello, profesor de piano no Conservatório de Música de Lisboa. Aos cinco anos, comezou a estudar con Sequeira Costa.[2] En 1977, despois de Sequeira Costa ter acepte a posición de Profesor de Piano na Universidade de Kansas,[3] Artur seguiuno até Lawrence, Kansas, nos Estados Unidos. Continuou traballando con outros profesores, incluíndo Aldo Ciccolini no Conservatório de París.
En 1987 gañou o primeiro premio no Concurso Vianna da Motta, en 1988 o primeiro premio na Greater Palm Beach Symphony Competition, e en 1990 o primeiro premio no Leeds International Pianoforte Competition.[4]
Pizarro executa internacionalmente recitais a solo, en duos, con grupos de música de cámara e como solista coas principais orquestras do mundo. Ten unha extensa discografia dispoñíbel nas Editoras Linn Records, Naxos, Hyperion, Collins Classics, entre outros.
Mestres de renome con quen traballou: Charles Dutoit, Sir Simon Rattle, Jean Fournier, Philippe Entremont, Yan Pascal Tortelier, Sir Andrew Davis, Esa-Pekka Salonen,Yuri Temirkanov, Vladimir Fedoseyev, Ilan Volkov, Tugan Sokhiev, Yakov Kreizberg, Yannick Nézet-Séguin, Libor Pešek, Vladimir Jurowski, e Sir Charles Mackerras.
| Arquivo:Accordrelativo20060224.png | Este artigo é un esbozo sobre un(a) músico(a). Vostede pode axudar a Wikipédia expandindo-o. |